O BNG en Castro de Rei presenta a súa candidatura ás municipais, que lidera Olga García Portela
Conformada por 16 persoas, o BNG sae a por todas este 28 de maio para producir o cambio en Castro de Rei
Olga García “lidero un equipo ilusionado e namorado de Castro de Rei, formamos un proxecto ambicioso para acadar máis avances para o noso concello”
Castro de Rei, 17 de abril de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei fai pública a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, a que encabeza Olga García Portela. Un grupo de 16 persoas comprometidas e que suman co BNG para facer de Castro de Rei un concello máis xusto e conseguir máis avances na mellora da vida da súa veciñanza.
A candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei sinalou “lidero un equipo ilusionado e namorado de Castro de Rei, formamos un proxecto ambicioso para acadar máis avances para o noso concello, e sempre dende o rigor, a coherencia, a transparencia e o traballo”
Este equipo que conforma a candidatura, segundo Olga García é ”un equipo con capacidade, con compromiso cos servizos públicos e cos sectores produtivos, un equipo capaz de facer avanzar Castro de Rei” e enfatizou “preparado para liderar o vindeiro goberno municipal”
O BNG dará a coñecer a estas persoas nun acto público o vindeiro 6 de maio en Castro Ribeiras de Lea, en concreto na carballeira nunha das casetas do polbo. O acto contará con diferentes intervencións políticas.
Candidatura do BNG en Castro de Rei
1.- Olga García Portela
2.- Digna María Lagarón Doval
3.- Adrián Rodríguez Rancaño
4.- María Xosé Fernández Covos
5.- David Vivero Novo
6.- Iria Corredoira García
7.- Manuel Anllo Canto
8.- Natalia Alonso Freire
9.- José Luís Fernández García
10.- Ana Belén Veiga Teijeiro
11.- Alfonso Legaspi Veiga
12.- María Loli Linares Fernández
13.- Germán Naval Lage
Suplentes
María Angelines Freire Castro
Carlos Alberto Rodríguez Rodríguez
Serafín Carballo Carballeira