Arroxo: “apostamos por unha mobilidade sustentable, na que as persoas e os medios de transporte alternativo sexan o centro”

Rubén Arroxo lembrou que “xa no 2016 desde o BNG nos pronunciamos en contra do carril bici, é un modelo anticuado que non mellora a vida das persoas”

O candidato do BNG afirmou que “o calmado de tráfico seguirá sendo un dos eixos do noso traballo no próximo mandato”

Arroxo: “apostamos por unha mobilidade sustentable, na que as persoas e os medios de transporte alternativo sexan o centro”

Lugo, 13 de abril de 2023. O candidato do BNG á alacaldía de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que a partir do 28 de maio “Lugo continuará a avanzar nunha mobilidade sostible, cun tráfico calmado que garanta a convivencia entre os peóns, os coches e os medios de transporte alternativos”. Arroxo afirmou as propostas do BNG en materia de mobilidade, “permitirán avanzar no plan que xa iniciamos neste mandato, contando cun tráfico calmado, reducindo a sinistralidade e eliminando os puntos negros”.

Arroxo lembrou que o BNG xestionando a área de mobilidade habilitou preto dun cento de elementos de calmado de tráfico por todo o trazado urbano de Lugo. “Hai que investir os cartos en avanzar na peonalización pero non en crear infraestructuras obsoletas como o carril bici”, sinalou Arroxo, que afirmou “no noso modelo de mobilidade para Lugo as bicicletas son parte da paisaxe, non hai que encarceralas nun carril bici”.

Hai dous grandes bulos na humanidade, que Walt Disney está conxelado e que o BNG construíu o carril bici”, bromeou Rubén Arroxo, que explicou que o BNG se opuxo ao proxecto de carril bici xa no ano 2015 e no 2016, cando se solicitaron os fondos europeos do Plan Edusi. “O carril bici é unha solución para vías con moito tráfico, como a avenida Infanta Elena, o proxecto que se executou neste mandato non está a ser útil”, afirmou o candidato do BNG.

Rubén Arroxo destacou "o avance de Lugo" neste período, con 15 novas rúas peonís tanto no centro da cidade como nos distintos barrios, 18.000 metros cadrados de novos espazos peonís en zonas como a Milagrosa, o Sagrado Corazón, Recatelo, Acea de Olga ou a Piringalla, que foron da man co resto de accións de calmado de tráfico postas en marcha desde a área de Mobilidade, e que permitiron o funcionamento do plan de vieiros escolares seguros, “hoxe podemos ver a grupos de nenas e nenos indo ao colexio camiñando sós a través dos vieiros escolares seguros, algo que parecía imposible hai catro anos".

O candidato do BNG afirmou que “a partir do 28 de maio seguiremos avanzando para que non haxa nin un só punto de Lugo no que ser un peón ou ir en bicicleta sexa motivo de inseguridade”, e engadiu que “poñendo en marcha desde o concello as medidas necesarias, Lugo pode conseguir a convivencia total entre todos os medios de transporte”.

Arroxo: “apostamos por unha mobilidade sustentable, na que as persoas e os medios de transporte alternativo sexan o centro”