LAURA ARROJO, VECIÑA E MILITANTE DO BNG DE CASTROVERDE: "DURANTE ESTES DÍAS PARECE QUE NON PODEMOS POÑERNOS ENFERMOS, NEN PRECISAMOS MEDICACIÓN, É COMO SE A SANIDADE EN CASTROVERDE SE PARALIZARA"
O BNG de Castroverde convocou unha concentración en defensa da sanidade pública da comarca
Na concentración xuntouse veciñanza de Castroverde para denunciar a ausencia de médicos dende o 25 de decenbro ata o día 2 de xaneiro
Laura Arrojo, veciña e militante do BNG de Castroverde: "Durante estes días parece que non podemos poñernos enfermos, nen precisamos medicación, é como se a sanidade en Castroverde se paralizara"
Castroverde, 26 de decembro de 2023. O BNG convocou hoxe , martes 26 de decembro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. Laura explicou que durante esta semana no Centro de Saúde da vila no teremos facultativos que atenden á veciñanza de Castroverde, preto de 2.500 persoas cunha media de idade moi avanzada. "A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde", afirmou Laura
"Que en Castroverde quedemos sen médico unha semana e só teñamos pediatra 3 días non é casualidade. En 2010 levaron a ambulancia medicalizada para o Corgo, despois quitaron un dos tres médicos que había no centro e agora só quedan 2 profesionais para toda a poboación do concello" reiterou Laura. Ademais diso, estamos na situación que denunciamos, onde non cobren nin as baixas nin as vacacións, obrigándonos a ir ás urxencias do Hula, que xa están o suficiente saturadas.
A resposta a esta concentración foi masiva por parte da veciñanza de Castroverde, onde se decidiu seguir adiante con outras medidas ata conseguir que o SERGAS revirta esta situación." A política de recortes do PP na Xunta de Galiza déixanos sen atención sanitaria digna no rural pero coa nosa saúde non se xoga. Defenderemos o noso centro de saúde!" concluíu Laura