IRIA CASTRO, VOCEIRA MUNICIPAL DO BNG EN CASTROVERDE "COINCIDINDO COAS VACACIÓNS DE NADAL E CO INICIO DO PICO DA GRIPE DO INVERNO, NON SE CUBREN AS VACACIÓNS DE PEDIATRÍA NOS 3 CONCELLOS QUE COMPARTIMOS PEDIATRÍA: CASTROVERDE, BALEIRA E FONSAGRADA"

O BNG de Castroverde denuncia que non se cubren as vacacións de Nadal de pediatría


Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde "coincidindo coas vacacións de Nadal e co inicio do pico da gripe do inverno, non se cubren as vacacións de pediatría nos 3 concellos que compartimos pediatría: Castroverde, Baleira e Fonsagrada"

O BNG de Castroverde denuncia que non se cubren as vacacións de Nadal de pediatría



Castroverde, 30 de decembro de 2024. O ano pasado nestas datas o SERGAS non cubriu as vacacións dos profesionais de medicina familiar, deixando Castroverde sen médico ata despois das datas de Nadal ou cubríndoo moi puntualmente sen avisar. 


A Portavoz do BNG manifesta que "non cubrir as vacacións da pediatra é algo recurrente, non algo que pase de forma illada e cando isto pasa, as familias vense obrigadas a ir a urxencias e incluso recurrir ás urxencias do HULA, o que pode aumentar a saturación das mesmas, dado as datas nas que estaos."
As familias de Castroverde non son familias de segunda, dende o BNG cremos que teñen dereito ó mesmo servizo durante todo o ano, independentemente de se a titular da praza colle vacacións ou non. Isto é unha mostra máis do desmantelamento da sanidade no medio rural, onde aquí non cubren as vacacións da pediatra e noutros concellos directamente eliminan este servizo e deixan só unha enfermeira pediátrica.


Dende o BNG de Castroverde demandaremos que se cubran sempre as vacacións da titular, é o dereito de todas as familias.

O BNG de Castroverde denuncia que non se cubren as vacacións de Nadal de pediatría