ARROXO: "É CURIOSO QUE, MENTRES DESDE O GOBERNO DE LUGO SEGUIMOS A TRABALLAR POR MELLORAR A MOBILIDADE, O PARTIDO POPULAR PROPOÑA DAR PASOS ATRÁS COS AVANCES DADOS"

2024 pecha como o ano con máis usuarios do bus urbano desde que se gardan rexistros, cun mes de decembro que supera tamén os rexistros previos

Arroxo: "É curioso que, mentres desde o Goberno de Lugo seguimos a traballar por mellorar a mobilidade, o Partido Popular propoña dar pasos atrás cos avances dados"

O Tenente Alcalde afirmou que "se o PP gobernase, os coches volverían pasar pola Mosqueira e por Recatelo"

2024 pecha como o ano con máis usuarios do bus urbano desde que se gardan rexistros, cun mes de decembro que supera tamén os rexistros previos





Lugo, 03 de xaneiro de 2025. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, anunciou que o bus urbano superou no ano 2024 "todos os rexistros históricos, con 2.219.312 billetes expedidos". Arroxo afirmou que o rexistro de 2024 supera "en máis de 61.000 billetes os datos de 2019, o anterior ano con máis usuarios", e engadiu "isto demostra que a reformulación das liñas de transporte público está a funcionar e cada vez máis persoas apostan por usar o bus urbano".

O edil de Mobilidade afirmou que "seguiremos a traballar para que as veciñas e veciños de Lugo continúen a utilizar o bus urbano, un transporte económico que facilita as viaxes, ao non ter que preocuparse de buscar espazo para aparcar". En 8 dos 12 meses do 2024 o transporte público superou os rexistros previos, sendo o mes de marzo o que marcou a maior diferencia, con 12.282 billetes máis que o anterior mellor mes de marzo, rexistrado no ano 2017.

Arroxo criticou a postura do Partido Popular a respecto da mobilidade, e afirmou que "desde o PP din que peonalizar e humanizar espazos emblemáticos da cidade como a Mosqueira ou o barrio de Recatelo é asfixiar a mobilidade". Segundo Rubén Arroxo, se o PP gobernase Lugo, "darían un paso atrás volvendo meter coches pola Mosqueira ou recatelo, espazos xa gañados para a veciñanza nos que sería impensable ver coches circulando de novo".

O Tenente Alcalde lembrou que o Partido Popular podía ter colaborado para que, durante as datas de Nadal, o centro de Lugo contase con máis espazos para aparcar abrindo os aparcadoiros dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti, "optimizando o espazo público para o estacionamento de vehículos, e facilitando que a xente se desprace ao centro para realizar as súas compras apoiando o comercio local".

Arroxo criticou a postura do PP "marxinando á cidade de Lugo desde a Xunta mentres pide que desde o Concello se asuma máis traballo", e explicou que "o PP quéixase de falta de espazos de estacionamento, pero non é capaz de colaborar para solucionalo".

Na actualidade, os aparcadoiros da Xunta continúan baleiros ao estar fóra de período lectivo, "do mesmo xeito que os continuaremos a ver baleiros polas tardes unha vez se inicien as clases", afirmou Arroxo, que engadiu "o Partido Popular anunciou desde a Xunta que estes aparcadoiros se ían abrir, pero seguimos a ver como non executan unha solución tan simple como darlle a un botón e permitir á veciñanza utilizar este espazo".

 

2024 pecha como o ano con máis usuarios do bus urbano desde que se gardan rexistros, cun mes de decembro que supera tamén os rexistros previos