IRIA CASTRO, VOCEIRA MUNICIPAL DO BNG EN CASTROVERDE: "LAMENTAMOS FONDAMENTE QUE O PP RECORRA A MENTIRAS NAS SÚAS PUBLICACIÓNS E ESIXIMOS UNHA RECTIFICACIÓN"

O BNG de Castroverde esixe unha rectificación ó PP de Castroverde polos bulos na súa última publicación en redes sociais

Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde: "Lamentamos fondamente que o PP recorra a mentiras nas súas publicacións e esiximos unha rectificación"

O BNG de Castroverde esixe unha rectificación ó PP de Castroverde polos bulos na súa última publicación en redes sociais

 

 

Castroverde, 2 de xuño 2025. O PP minte cando di que o BNG votou en contra da ordenanza fiscal para as piscinas, e o voto do BNG foi a abstención.

Cobrar a entrada ás piscinas sen ter unha ordenanza de uso é inútil e iso é o se propoñía dende o PP. As piscinas municipais precisan unha ordenanza de uso que estableza as normas de uso, acceso, se é posible comer, fumar, etc. ou se é posible reservar un sitio durante todo o día. A ordenanza fiscal por si soa non amaña nada, a pesar de que sería complementaria a unha ordenanza de uso, por iso o BNG se abstivo.

Que o PP diga nas súas redes que o BNG votou en contra e se posicionou en contra dos veciños é mentira, o BNG defende as necesidades dos veciños e veciñas, como que se cubran as baixas no centro médico, que haxa pediatra ou que haxa vivendas sociais para que se asente a poboación. Dende o BNG faise unha oposición seria, non como dende o PP, que votou a favor dos orzamentos do alcalde sen ningún tipo de pregunta ou comentario.

Iria Castro: "O PP leva traendo moito tempo a moción de gravar os plenos para que non se terxiversen... e son eles mesmos quen menten. Se menten nisto, que é facilmente comprobable cando se poida ver a acta do pleno, en que outras cousas lles menten ós veciños e veciñas?"

O BNG de Castroverde esixe unha rectificación ó PP de Castroverde polos bulos na súa última publicación en redes sociais