IRIA CASTRO " OS CONCELLOS NON TEÑEN RECURSOS PARA ATENDER ÁS PERSOAS DEPENDENTES E A XUNTA E OS ESTADO TENOS ABANDONADOS"
O BNG de Castroverde pedirá no vindeiro pleno que tanto a Xunta de Galiza como o Estado asuman as competencias da axuda no fogar
Iria Castro " Os concellos non teñen recursos para atender ás persoas dependentes e a Xunta e os Estado tenos abandonados"
Castroverde, martes 28 de maio de 2024.- O Bng de Castroverde levará este vindeiro pleno do 28 de maio, unha moción para solicitarlle tanto a Xunta de Galiza como o Estado que asuman as competencias da axuda no fogar (SAF) .
O Servizo de Axuda no Fogar é un dos dereitos incluídos na Lei de dependencia e foi concibido como un servizo de titularidade pública e de xestión municipal. O financiamento deste servizo
foi contemplado a partes iguais entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, admitíndose un copago das persoas beneficiarias en función de renda e patrimonio.
"Desde a implantación deste servizo no concello de Castroverde aumentaron o número de usuarios deste servirzo a día de hoxe consignanse 900.000 € do seu orzamento municipal de 3M € para este servizo básico" explica Castro.
A Xunta de Galiza e o Estado deberían facerse "cargo desta carga economica insostible para a maioria do concellos e o de Castroverde non é unha excepción" ademais de ser unha "competencia que non lles é propia" afirma a concelleira nacionalista.
"Por iso instamos ao goberno de Castroverde así como aos concelleiros do PP que voten a favor desta iniciativa e asi reclamar que tanto a Xunta como o Estado se fagan cargo do financiamento integro do servizo de axuda no fogar" concluiu Iria Castro.