O BNG VÉN DE RECIBIR A RESPOSTA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS EN ABRIL DE 2023, ONDE A XUNTA DE GALIZA RECOÑECE QUE É PRECISO SOMETER O PROXECTO A UN NOVO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL

Rubén Arroxo: "A Xunta danos a razón, será preciso reformular o proxecto da rolda Leste e o seu estudo de impacto ambiental"


Rubén Arroxo lembrou que "o propio proxecto recoñece que a Rolda Leste non é necesaria para reducir a conxestión de ningún outro vial"

O BNG vén de recibir a resposta ás alegacións presentadas en abril de 2023, onde a Xunta de Galiza recoñece que é preciso someter o proxecto a un novo estudo de impacto ambiental

Rubén Arroxo: "A Xunta danos a razón, será preciso reformular o proxecto da rolda Leste e o seu estudo de impacto ambiental"



Lugo, 28 de maio de 2024. Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, valorou a resposta da Xunta de Galiza ante as alegacións presentadas en abril de 2023 polo BNG ao proxecto da Rolda Leste. Arroxo afirmou que "a Xunta danos a razón e someterá ao proxecto a un novo estudo de impacto ambiental". O portavoz do BNG afirmou que "desde o BNG seguiremos a traballar na protección do Parque do Rato, e permaneceremos vixiantes para que o novo proxecto que se someta a estudo garanta a protección desta zona verde, o gran pulmón verde do Concello de Lugo".

Arroxo reivindicou unha vez máis que o investimento previsto para a Rolda Leste se adique a recuperar o barrio da Tinería, "trasladando o orzamento que gardan para a rolda Leste, o barrio da Tinería poderá avanzar e poñerse ao nivel que merece como zona histórica da cidade", afirmou Rubén Arroxo.

As alegacións que presentou o BNG vían inviable a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto, que data do ano 2005, e que debería ser anulada debido aos cambios producidos na lexislación, dado que as obras non foron iniciadas nos seis anos seguintes á publicación da Lei 21/2013. "A Xunta danos a razón e terá que elaborar unha nova DIA", afirmou Rubén Arroxo. O BNG argumentou que este proxecto presenta cambios substanciais na construcción de parte das estruturas, e non se cinxe ao espazo reservado no PXOM, o que faría nula a Declaración de Impacto Ambiental de 2005.

O BNG reclamou tamén unha maior protección do trazado afectado na Vía Künig, onde o propio proxecto recoñece unha afectación de 68 metros, recoñecemento que, segundo o BNG, "fai que sexa convinte acelerar o estudo da vía coa fin de non causar prexuízos que sexan irreparables a longo prazo". No referente ao tráfico, o propio estudo incluído no proxecto da Xunta de Galiza recoñece que o nivel agardado pode ser absorbido polas vías existentes, "o que converte en inútil eliminar ese terreo do paseo do Rato, un espazo verde envexable para moitas cidades", sentenciou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo: "A Xunta danos a razón, será preciso reformular o proxecto da rolda Leste e o seu estudo de impacto ambiental"