IRIA CASTRO, VOCEIRA MUNICIPAL DO BNG EN CASTROVERDE: "NOS ÚLTIMOS PROCESOS ELECTORAIS ATOPÁMONOS, LAMENTABELMENTE, CON QUE NON TODOS OS COLEXIOS ELECTORAIS ESTABAN ADAPTADOS PARA FACILITAR O EXERCICIO DO DEREITO AO VOTO PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE, E ISTO É RESPONSABILIDADE DO GOBERNO LOCAL"

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local que os locais electorais cumpran coas condicións de uso óptimas por parte da veciñanza

Iria Castro, voceira municipal do BNG en Castroverde: "Nos últimos procesos electorais atopámonos, lamentabelmente, con que non todos os colexios electorais estaban adaptados para facilitar o exercicio do dereito ao voto para as persoas con discapacidade ou con problemas de mobilidade, e isto é responsabilidade do goberno local"

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local que os locais electorais cumpran coas condicións de uso óptimas por parte da veciñanza

 

Castroverde26 de marzo 2024. O grupo municipal do BNG de Castroverde levara no vindeiro pleno unha moción para que se habiliten os locais electorais con unhas condicións óptimas para o seu uso por parte da veciñanza , O colexio electoral de Cellán ou o de Francelos non son colexios accesibles para persoas con dificultades para subir escaleiras e moitas veces teñen que baixar a urna para que as persoas poidan exercer o seu dereito a voto. E tampouco ten baño, así que as persoas da mesa e interventores/as non poden facer uso del. Nos colexios electorais de Outeiro e no de Cellán non hai baños e iso súfreno os membros da mesa e tamén os e as interventoras.

"A accesibilidade universal é un dereito básico para que todas as persoas poidamos participar en igualdade na sociedade ", recorda a concelleira nacionalista

A Portavoz do BNG manifesta que "as eleccións son un momento moi importante no funcionamento da nosa sociedade, no que a cidadanía ten a oportunidade de escoller a súa representación, polo que cómpre facilitar a participación de todas as persoas."

Iria Castro afirma que "temos que camiñar cara unha sociedade onde todas as persoas poidamos participar en igualdade. É un dereito, polo que a participación de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida non pode depender de favores ou actos de caridade. Cómpre dar pasos para que todos e todas poidamos desfrutar dunha vida digna.

"Por iso a moción que presentaremos pedira ao goberno local que é quen esta capacitado para facelo dote de baños aos colexios de Cellán e Outeiro así como que mellore a accesibilidade de Outeiro e Francelos", concluíu Iria Castro

O BNG de Castroverde solicita ao goberno local que os locais electorais cumpran coas condicións de uso óptimas por parte da veciñanza