O BNG CELEBRA MAÑÁ UNHA ASAMBLEA ABERTA

O BNG CELEBRA MAÑÁ UNHA ASAMBLEA ABERTA

IMG_8440A forza nacionalista analizará colectivamente o resultado das eleccións europeas e o papel de Galiza no novo contexto estatal tras a abdicación do monarca

Lugo, 11 de xuño 2014. O Bloque Nacionalista Galego ten convocada para mañá xoves, ás 20:00, unha asamblea comarcal aberta á participación de simpatizantes e persoas interesadas en asistir. A asamblea celebrarase no local comarcal do BNG na rúa Miguel de Cervantes. Neste encontro farase unha análise dos resultados electorais resultantes do recente proceso de eleccións ao parlamento europeo. Hai que lembrar que o BNG conseguiu manter a súa presenza en Bruxelas.

Ademais, nesta asamblea, abrirase un proceso de reflexión colectiva sobre os camiños que debe seguir o Bloque Nacionalista Galego para defender os intereses e dereitos de Galiza fronte ás políticas que están a aplicar as forzas de carácter estatal. Tamén se analizará cal é o papel de Galiza e das forzas nacionalistas no novo contexto estatal tras a abdicación do monarca. Para o BNG é o momento de reclamar a apertura dun proceso constutivo no que se recoñeza o dereito a decidir das nacións e se camiñe cara a configuración dunha república galega.

O BNG CELEBRA MAÑÁ UNHA ASAMBLEA ABERTA