O BNG XA O ADVERTIU EN DIVERSAS OCASIÓNS DA NECESIDADE DE SINALIZAR ESTE PASO PARA PERSOAS PERO O GOBERNO MUNICIPAL IGNORA A SITUACIÓN

O BNG coloca un paso de peóns simbólico no Camiño Primitivo para cruzar a ronda do Carme

IMG_5746

“A alcaldesa empéñase en gastar preto dun millón de euros nunha pasarela inútil pero non é capaz de poñer un paso de peóns no Camiño” dixo Arroxo

O BNG coloca un paso de peóns simbólico no Camiño Primitivo para cruzar a ronda do Carme

Lugo, 10 de xullo 2018. O BNG organizou un acto simbólico para reclamar a sinalización do cruce do Camiño de Santiago coa ronda do Carme. “Vemos como por un lado actuou a Xunta de Galiza modificando o trazado do Camiño pola súa conta, e por outro lado está o goberno municipal que ignora que as persoas que transitan polo camiño están cruzando a ronda do Carme sen ningún tipo de sinalización” explicou Rubén Arroxo.

Militantes e simpatizantes do BNG instalaron uns pasos de peóns na ronda do Carme para reclamar que se regule o paso de persoas neste punto do Camiño Primitivo. O BNG xa o advertiu en diversas ocasións da necesidade de sinalizar este paso para persoas pero o goberno municipal ignora a situación. A última sinalización do Camiño feita pola Xunta de Galiza reconduce o trazado dende a Porta Miñá cara a ronda do Carme obrigando ás persoas que fan o camiño a cruzar os dous carriles da ronda por un lugar no que non existe ningún tipo de sinalización que os protexa do tráfico de vehículos a motor.

Rubén Arroxo afirmou que “o BNG seguirá traballando para que Lugo funcione e ademais de facer propostas tamén evidenciaremos a falta de solucións deste goberno que no atende as necesidades deste concello”.  “A alcaldesa e empéñase en gastar preto dun millón de euros nunha pasarela inútil pero non é capaz de poñer un paso de peóns no Camiño de Santiago” dixo Arroxo.

O BNG coloca un paso de peóns simbólico no Camiño Primitivo para cruzar a ronda do Carme