“É MOI NECESARIO INCREMENTAR AS PRAZAS DE APARCAMENTO PARA DISCAPACITAD@S NO INTERIOR E NO EXTERIOR DO HULA” DIXO ARROXO

O BNG propón incrementar o aparcamento reservado para vehículos de persoas con discapacidade no HULA

IMG_5543

Son moitas as persoas que, aínda con tarxeta de aparcamento preferente, non atopan sitio para estacionar cando acuden a consultas

O BNG propón incrementar o aparcamento reservado para vehículos de persoas con discapacidade no HULA

Lugo, 9 de xullo 2018. O BNG propón que se acondicionen zonas de aparcamento reservadas para vehículos de persoas con discapacidade no entorno do HULA. “É moi necesario incrementar as prazas de aparcamento deste tipo no  interior e no exterior do HULA” dixo Arroxo que considera “non é normal que persoas con problemas de mobilidade e discapacitadas non atopen onde aparcar cando acoden a consultas no Hula”.

Para o BNG debería haber máis espazos dentro do recinto hospitalario destinado a vehículos con tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade. Tanto no interior do recinto, onde é responsabilidade da Xunta de Galiza, como no exterior do recinto, que é un vía xestionada polo Concello, debería haber máis prazas de aparcamento destas características. Dende o BNG solicitarase  que se estude e se coordinen Xunta e Concello para dar resposta a esta necesidade.

Arroxo sinalou que “moitas persoas con dificultades de mobilidade teñen que acudir frecuentemente ao centro hospitalario e recibimos queixas de que, cando chegan, non teñen sitio para estacionar” en engadiu “parece unha cuestión obvia mais a día de hoxe está sen resolver”. Neste momento existen 4 prazas nas inmediacións da entrada principal e outras 4 a carón da entrada de urxencias, no exterior do recinto. No interior do recinto tamén existen varias prazas en diferentes zonas pero non son suficientes para a demanda existente.

Gratuidade do parking interior e un leiraparking que non funciona

Dende o BNG lembrouse a débeda que a Xunta ten cos lucenses pola privatización do parking interior do HULA. “Roubáronlle un espazo ao pobo de Lugo e o BNG non esquece esta débeda” afirmou Arroxo e anunciou “seguiremos traballando para que as prazas de aparcamento sexan todas públicas e gratuítas”. Arroxo lembrou tamén os “innumerables” anuncios que se fixeron de crear un “leiraparking” nos terreos municipais pero a día de hoxe non hai nada feito.

O BNG propón incrementar o aparcamento reservado para vehículos de persoas con discapacidade no HULA