ARROXO COLOCOU, COMO INFORMACIÓN XERAL, SINAIS INDICANDO QUE SE PODEN UTILIZAR OS BAÑOS SITUADOS NO EDIFICIO DO CONCELLO
O BNG pide unha solución para a apertura dos baños públicos que levan anos pechados
“O goberno municipal pon as sancións como único remedio para evitar que se orine na rúa pero non se abre os servizos públicos” dixo Rubén Arroxo
Lugo, 6 de xullo 2018. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, colocou uns cartaces, de xeito simbólico, para denunciar o feito de que os baños públicos da cidade continúen pechados. “Informamos as persoas que se achegan aos baños de que poden acudir ao concello a facer as súas necesidades e facémolo en varios idiomas por que son moitas as visitas que Lugo recibe durante o verán e non existen servizos públicos a onde poidan acudir” dixo Arroxo.
O BNG presentará unha serie de preguntas, dirixidas á comisión de desenvolvemento económico, protección da comunidade e concello e cidadanía, relativas ás previsións do goberno municipal sobre os baños públicos que neste momento se atopan pechados dende que deixaron de funcionar. Rubén Arroxo lembrou que fai anos que estes quioscos están pechados e que dende entón “Lugo quedou sen baños públicos nas prazas nas que antes había este servizo público”.
Neste momento permanecen pechados os baños públicos que había nas prazas Maior, da Milagrosa e Santo Domingo; ademais tamén están pechados os do parque de Rosalía de Castro. Rubén Arroxo indicou “estamos no verán e entendemos que o goberno municipal ten que buscar unha solución para que, nestas épocas, as persoas que nos visitan e toda a xente que sae á rúa dispoña destes servizos públicos que levan pechados demasiado tempo pechados”.
As dificultades económicas provocaron o peche dos quioscos xestionados por COGAMI a principios do ano 2015 e o concello, dende aquel momento, non foi capaz de atopar unha solución para a reapertura dos baños públicos. Arroxo lembrou que en marzo do ano 2016 o goberno municipal socialista anunciou publicamente que “estaban a buscar unha solución”. Para o BNG – Asembleas Abertas é o momento de que o concello rescate a concesión para volver a adxudicalos e que a reapertura sexa posible.
Na Praza Maior houbo durante décadas uns urinarios soterrados, que foron definitivamente pechados coincidindo coa apertura dos quioscos dotados de aseos; en virtude daquel acordo municipal, os encargados dos quioscos eran os responsables de manter limpos os servizos. “Trátase dun servizo público básico, e os baños que naquel momento se deseñaran eran accesibles o que supuxo un gran avance” finalizou o nacionalista.
Sin solución para os baños do parque Rosalía de Castro
O edil do BNG lembrou que nos orzamentos do concello incluíronse partidas de 40.000 € para o arranxo dos baños situados na parte inferior do templete do parque Rosalía de Castro pero estas obras nunca chegaron a executarse e os baños permanecen pechados. Ademais, lembrou Arroxo “cando se fixo o prego para a adxudicación da cafetería do mirador do parque incluise como condicionante que a empresa adxudicataría debería facerse cargo da apertura e mantemento deste baños, pero esto nunca chegou a esixírllese por que os baños continúan pechados e podería terse producido unha alteración nas condicións da aduxidicación pola deixadez dos gobernos socialistas”.