A PRECARIA SINALIZACIÓN QUE RODEA A FOCHANCA XA FOI DERRUBADA POR VEHÍCULOS EN VARIAS OCASIÓNS E SUPÓN UN PERIGO PARA O TRÁFICO NA ZONA

O BNG preguntará por que leva máis de 2 meses sen arranxarse a fochanca da Estrada de Portomarín

IMG_20180703_075938

 “Unha vez máis as disputas entre PP e PSOE na Xunta e no Concello perxudican ás veciñas e veciños de Lugo” afirmou Rubén Arroxo

O BNG preguntará por que leva máis de 2 meses sen arranxarse a fochanca da Estrada de Portomarín

Lugo, 7 de xullo de 2018. “Segundo a información que se nos facilita, o concello está pendente de que a Xunta lles remita as condicións nas que se debe facer a obra de recuperación da banda de rodadura e firme da estrada, pero é moi sorprendente que despois de dous meses non se fixera nada”  dixo Rubén Arroxo. “Dende o momento da aparición da fuga de auga, xa fai máis de dous meses, que provocou o afundimento sinalizouse en varias ocasións a fochanca pero non se reparaou o firme nin a capa de rodadura” explicou Rubén Arroxo.

“Unha vez máis as disputas entre PP e PSOE na Xunta e no Concello perxudican ás veciñas e veciños de Lugo” afirmou Rubén Arroxo e sinalou que “a partir de que o BNG denuncie publicamente esta falta de atención á vía pública sairán os representantes do PSOE no Concello a culpar á Xunta e os representantes do PP na Xunta sairán a culpar ao goberno municipal da falta de eficacia, e este é o espectáculo patético que se ven repetindo dende o comezo do mandato”.

Dende fai máis de dous meses está cortado un dos carrís da rotonda que enlaza a ponte Branca coa Estrada de Portomarín por unha depresión no firme despois de que neste puntos se producise unha importante fuga de auga. Os servizos municipais de augas arranxaron a fuga naquel momento pero dende entonces a fochanca quedou rodeada por un valado. A precaria sinalización que rodea a fochanca xa foi derrubada por vehículos en varias ocasións e supón un perigo para o tráfico na zona.

O BNG preguntará por que leva máis de 2 meses sen arranxarse a fochanca da Estrada de Portomarín