RODIL: "DURANTE ESTA CAMPAÑA PUIDEMOS VIVIR DE PRIMEIRA MAN A SITUACIÓN DO TRANSPORTE FERROVIARIO EN LUGO, ACTUALMENTE É IMPOSIBLE USAR UN MEDIO DE TRANSPORTE ECONÓMICO, ECOLÓXICO E EFICAZ COMO O FERROCARRI"

O BNG comprométese a poñer en marcha un sistema ferroviario público que vertebre o país cun goberno liderado por Ana Pontón

Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo participou nun reparto informativo con simpatizantes e militantes do BNG de Lugo

Rodil: "Durante esta campaña puidemos vivir de primeira man a situación do transporte ferroviario en Lugo, actualmente é imposible usar un medio de transporte económico, ecolóxico e eficaz como o ferrocarri"

A candidata animou a todas as persoas que queren un cambio no goberno da Xunta este domingo "a coller a papeleta do BNG, a única forza coas mans libres para cambiar a vida das galegas e galegos"

O BNG comprométese a poñer en marcha un sistema ferroviario público que vertebre o país cun goberno liderado por Ana Pontón

 

 

Lugo, 13 de febreiro de 2024. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou nun reparto informativo no centro de Lugo, xunto con simpatizantes e militantes do BNG na cidade. Rodil afirmou que "a cidade e a provincia Lugo ten que deixar de estar marxinada en materia de infraestructuras, un goberno do BNG traballará para volver poñer a Lugo no mapa e comunicar ás nosas veciñas e veciños". Rodil denunciou o abandono que sofre Lugo a respecto das conexións ferroviarias e afirmou que "desde o BNG impulsaremos un sistema ferroviario público, o Galtren que vertebre o país e que dea servizo de proximidade ás galegas e galegos cun goberno liderado por Ana Pontón a partir do 18 de febreiro".

Unha infraestrutura anticuada e fallos constantes son a realidade ferroviaria actual en Lugo. Olalla Rodil explicou que "durante a campaña puidemos ver como na viaxe entre Lugo e Ourense en tren, debido a un fallo técnico, acumulamos preto de dúas horas de atrasos en Sarria co tren parado na vía".  "Isto fai que a veciñanza de Lugo non aposte por un medio de transporte económico, ecolóxico e eficaz como o ferrocarril e aposte polo vehículo privado", afirmou Olalla Rodil.

O BNG propón o GALTREN como un ente que promova e xestione o futuro tren de proximidade galego (GALTREN). O obxectivo é enlazar os principais núcleos de poboación arredor das cidades, e conectar entre si as cidades que carecen na actualidade deste servizo, como Lugo e Compostela.

Rodil afirmou que "o atraso de Lugo tamén se pode ver nas infraestruturas viarias". Rodil anunciou que "o goberno do BNG traballará para que se completen as estradas e autovías que o goberno do estado debe a Lugo, vías como a A-54 e A-56, que comunicarán a cidade con Compostela e Ourense".

Olalla Rodil pediu o voto "de todos os galegos e galegas, independentemente do que votaran con anterioridade para levar adiante un proxecto capaz de mellorar Galiza e a vida das galegas e galegos". Segundo Olalla Rodi, "o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de Madrid". A candidata do BNG afirmou que "o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller nacionalista presidenta da Xunta de Galiza".

O BNG comprométese a poñer en marcha un sistema ferroviario público que vertebre o país cun goberno liderado por Ana Pontón