ARROXO: "SEGUIMOS A TRABALLAR NAS INSTITUCIÓNS PARA QUE A XUNTA ATENDA ÁS RECLAMACIÓNS DA VECIÑANZA ANTE UNHA CONTAMINACIÓN DO AIRE PRODUCE GRAVES MOLESTIAS NA SAÚDE"

O BNG consigue o acordo do Pleno para reclamar á Xunta que aplique un maior control á calidade do aire e ás emisións da fábrica de Tableros Hispanos

Rubén Arroxo defendeu a proposta do BNG no sesión plenaria que contou coa presencia de veciñas e veciños de Nadela
 
Arroxo: "Seguimos a traballar nas institucións para que a Xunta atenda ás reclamacións da veciñanza ante unha contaminación do aire produce graves molestias na saúde"
O BNG consigue o acordo do Pleno para reclamar á Xunta que aplique un maior control á calidade do aire e ás emisións da fábrica de Tableros Hispanos

 

 

Lugo, 30 de maio de 2024. O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, defendeu no Pleno a proposta do BNG para reclamar que a Xunta de Galiza aplique un maior control ás emisións contaminantes da fábrica de Tableros Hispanos de Nadela. Arroxo lembrou que "desde o BNG mantivemos xuntanzas coa veciñanza afectada, residentes a pouca distancia da fábrica, que desde hai anos veñen denunciando os altos niveis de ruídos e as emisións de fumes que padecen nas súas vivendas".

"É preciso que a empresa cumpra coas medidas de control marcadas pola normativa ambiental e que desde o Goberno se amplíen os controis deste tipo de emisions", afirmou Rubén Arroxo, que anunciou que o BNG continuará a traballar nas distintas institucións "para garantir o benestar da veciñanza de Nadela e a calidade do aire de Lugo".

As veciñas e veciños presentes durante a sesión denuncian que a contaminación do aire producida polas emisións de Tableros Hispanos estalles a producir graves molestias de saúde, entre as que se atopan inflamacións nos ollos e nas vías respiratorias. A proposta aprobada insta á Xunta a instalar unha estación de control da calidade do aire na zona norte da factoría, ademais dunha maior periodicidade nas inspeccións de emisións e máis transparencia para manter á veciñanza da zona informada sobre as medidas que se poñan en marcha para garantir o cumprimento da normativa ambiental.

O BNG consigue o acordo do Pleno para reclamar á Xunta que aplique un maior control á calidade do aire e ás emisións da fábrica de Tableros Hispanos