O BNG continúa en Guitiriz coa campaña de sinaturas para frear a supresión de paradas de autobús
O novo plan de mobilidade do MITMA suprime as paradas en Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso
A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil “temos dereito a vivir, a traballar e a movernos polo País cun transporte do século XXI que atenda as necesidades da veciñanza”
Guitiriz, 11 de setembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego prosegue coa campaña de recollida de sinaturas ante o novo plan de mobilidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, desta vez no concello de Guitiriz.
O proxecto do Goberno do Estado contempla a supresión de paradas de autobús nas seguintes localidades de Lugo: Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso. Polo que a organización nacionalista defende a modificación deste plan.
Esta actividade que se desenvolveu na feira de Parga, participou o concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois García Souto “Pereira” xunto coa deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil e militantes e simpatizantes da organización.
Olalla Rodil declarou “non se pode permitir que nos deixen sen servizos no interior do País, por isto desde o BNG esiximos o mantemento das paradas e liñas e instamos a mellorar as frecuencias e liñas”
Neste senso, a deputada subliñou “animamos a toda veciñanza das terras de Lugo a que asinen nas mesas que imos a colocar para defender un transporte de calidade, temos dereito a vivir, a traballar e a movernos polo País cun transporte do século XXI que atenda as necesidades da veciñanza”