Maite Ferreiro presenta dous novos concertos que se unen ao programa do San Froilán 2022

Maite Ferreiro, arquivo
Maite Ferreiro, arquivo

Anni B Sweet y Los Estanques actuarán en Santa María o sábado 8

Os galegos Dakidarría chegan á gran festa do outono galego co seu sexto disco de estudo, Colaxe

Maite Ferreiro presenta dous novos concertos que se unen ao programa do San Froilán 2022

Lugo, 10  de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou dous novos concertos que se unirán ao programa do San Froilán 2022. As novas confirmacións son Anni B Sweet y Los Estanques, animará a praza Horta do Seminario o sábado 8, e Dakidarría, co seu novo disco Colaxe, que estarán na praza de Santa María o venres 7.

Anni B Sweet y Los Estanques. Sábado 8 de outubro. Praza de Santa María. 21h.

O novo tándem LOS ESTANQUES y ANNI B SWEET publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o suxerente -e moi surrealista- título “Burbuja cómoda y elefante inesperado” (27/05/22), co tema “Caballitos de mar” como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel.

LOS ESTANQUES son unha banda de pop psicodélico establecida en Madrid, formada por Iñigo Bregel (voz, teclado e guitarra), Germán Herrero (guitarra), Daniel Pozo (baixo) e Andrea Conti (batería). Tras recibir o recoñecemento da prensa musical e seren nominados aos Premios RUIDO, no 2020 editaron o seu cuarto disco "IV", en plena pandemia. Ainda así, ofreceron máis de 50 concertos por todo o país.

ANNI B SWEET é unha das artistas máis destacadas da música independente española. Desde as súas precoces composicións aos 9 anos, a cantautora malagueña afincada en Madrid hoxe é referente da nosa escena folk. O seu disco máis reciente "Universo por estrenar" (2019), é o primeiro que compuxo íntegramente en castelán. Este traballo foi galardoado con dous Premios MIN á Mellor Canción e Mellor Produción, e unha nominación ao MTV EMA.

Dakidarría. Venres 7 de outubro. 23h. Praza de Santa de María.

Tras 18 anos dende a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a Dakidarría como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Alcanzan a maioría de idade mentres ultiman o lanzamento do seu sexto disco de estudo «Colaxe», sendo a banda referencia da música contestataria galega.

Con ampliación de formación retoman a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en tódolos lugares que sexa posible con COLAXE TOUR.

Maite Ferreiro presenta dous novos concertos que se unen ao programa do San Froilán 2022