O PRINCIPAL FOCO DE ATENCIÓN PARA OS VINDEIROS MESES PARA O GRUPO NACIONALISTA ESTÁ EN DAR TRASLADO AO PARLAMENTO GALEGO DA SITUACIÓN DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA ESTA COMARCA

O BNG da comarca de Lugo marcou as prioridades para o novo curso político nunha xuntanza coa deputada Carme Aira

O BNG da comarca de Lugo marcou as prioridades para o novo curso político nunha xuntanza coa deputada Carme Aira

Lugo, 30 de setembro de 2023. Cargos institucionais e responsabeis locais do BNG da comarca de Lugo Centro mantiveron unha xuntanza coa deputada nacionalista Carme Aira para marcar as liñas de traballo e prioridades para este vindeiro curso político que esta a comenzar.

 

O principal foco de atención para os vindeiros meses para o grupo nacionalista está en dar traslado ao Parlamento dos graves problemas que esta comarca esta a sufrir en infraestruturas ou patrimonio "Esta vai ser unha das nosas grandes prioridades no traballo político no Parlamento, de feito xa nesta liña xa rexistramos varias iniciativas", explicou a deputada do BNG, Carme Aira. 

"Outra liña de traballo fundamental vai ser a loita contra os recortes en servizos públicos esenciais como o ensino, que está causando problemas en moitos centros da nosa comarca coma os De Rábade, As Nogais, Láncara , polos seus recortes no profesorado ou as deficiencias no transporte escolar ", engadiu a deputada nacionalista. "Tamén imos seguir reclamando o reforzo da atención primaria, de fisioterapia do centro de especialidades de Monterroso, ou das deficiencias no servizo de pediatria dos centros de Cospeito, Castro de Rei,e solicitar que se reforcen os PAC para que conten co persoal suficiente para garantir a boa atención ás doentes para asi rematar co desmantelamento ao que o PP está sometendo o servizo público de saúde", engadiu. 

Desde o BNG consideraramos tamén prioritaria a l defensa do patrimonio pulando pola súa conservación e posta en valor. "Seguiremos insistindo na necesidade de que a Xunta aposte decididamente pola rehabilitación do barrio da Tineira de Lugo ou da Torre de Taboi en Outeiro de Rei", indicou a deputada nacionalista. 

"Despois das eleccións municipais do pasado mes de maio o BNG ten na nosa comarca moita máis forza, subindo no número de concelleiros, recuperando representación en localidades onde non tiñamos e sumando a primeira alcaldesa en Samos ", explicou o responsábel comarcal do BNG, Bernardo Valdes. "Agradecemos á veciñanza todo o seu apoio e poñémonos á súa disposición desde xa para conseguir os cambios que a comarca de Lugo Centro e Galiza precisan", concluíu. 

O BNG da comarca de Lugo marcou as prioridades para o novo curso político nunha xuntanza coa deputada Carme Aira