O BNG dará a coñecer as persoas que conforman a candidatura que lidera Pilar Bellón no Corgo
O acto terá lugar no centro sociocultural do Corgo ás 21 horas
Intervirán a candidata do BNG á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira
O Corgo, 19 de abril de 2023. O BNG dará a coñecer a candidatura para as vindeiras eleccións municipais en Castroverde este venres, 21 de abril, ás 21 horas no centro sociocultural do Corgo.
Intervirán no acto a candidata do BNG á alcaldía no Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira.
Pilar Bellón convida a toda a veciñanza a participar neste acto público “o venres daremos a coñecer o equipo do BNG para liderar o novo rumbo do Corgo, este 28 de maio saímos a por todas para facer avanzar este concello, sempre desde o rigor, a coherencia e o traballo”
Do mesmo xeito, a candidata nacionalista subliñou "as mulleres e homes que formamos parte desta candidatura estamos cheos de ilusión, esperanza e de coraxe para desenvolver O Corgo plenamente, con medidas como a ampliación do saneamento a todas as vivendas ou ampliar os servizos do Centro de Día, mais no acto daremos máis detalles do noso programa”