MAR PÉREZ FRA, CANDIDATA ÁS ELECCIONS EUROPEAS POLO BNG, ASISTIU A UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DE ADEGA E PROECOGAL

O BNG defenderá en Europa que Galiza teña voz para frear bombas medioambientais como as de Altri

Mar Pérez Fra, candidata ás eleccions europeas polo BNG, asistiu a unha xuntanza con representantes de Adega e Proecogal

 Pérez Fra: "Temos que frear o desastre medioambiental que supón o proxecto de Altri para Galiza"

O BNG defenderá en Europa que Galiza teña voz para frear bombas medioambientais como as de Altri

 

 

Lugo, 05 de xuño de 2024.- Mar Pérez Fra, candidata ás eleccións europeas polo Bng, asistiu a unha xuntanza con representantes de Adega e Proecogal para escoitar propostas destas asociacións para facer traballo medioambiental en Europa.

Nese sentido, explica Pérez Fra "defenderemos unha política agraria diferente que potencie a calidade dos alimentos, a protección do ambiente e as funcións sociais e territoriais da actividade agraria". Tamén denunciaremos no parlamento europeo calquera intento de espoliación e privatización dos nosos recursos naturais. "Non imos calar ante proxectos esquilmadores do territorio. Galiza ten dereito a aproveitar e conservar os seus recursos naturais", denunciou Pérez Fra.

O BNG acredita en que o sector agrario debe de ser considerado estratéxico, e que a transición ambiental é necesaria, pero iso si os custos desta transición deben ser repartidos equitativamente entre toda a sociedade. A gandeira extensiva e a produción ecolóxica son exemplo de que é posible compatibilizar a conservación ambiental e a produción de alimentos.

Outra das propostas que leva o Bng no seu programa é exixir o saneamento integral das rías e ríos galegos, denunciaremos o seu estado e a necesidades de control efectivo da execución do seu saneamento no cumprimento da Directiva Marco da Auga. Ademais lembraremos na UE que estamos nun dos territorios de Europa que menos superficie declarada en Rede Natura ten.

Aínda que a Xunta de Galiza anunciou a renovación da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto da Ronda Leste temos que traballar para que Europa garanta a declaración do parque do Rato como pulmón verde de Lugo contra o modelo anacrónico que defende o Partido Popular. Outro modelo de cidade é posible: precisamos cidades mais amigables para as persoas e mais respetuosas co medio, neste sentido trasladaremos tamén ás institucións europeas a grande problemática que está a xerar a crecente perda de solo permeable nas cidades.

O BNG defenderá en Europa que Galiza teña voz para frear bombas medioambientais como as de Altri