O CONCELLO E A EMPRESA DEBERÍAN TER IMPLANTADO ESTE SISTEMA DENDE XUÑO DE 2017 PARA CREAR UNHA APP QUE PERMITA SABER, EN TEMPO REAL, A SITUACIÓN DOS BUSES E CANDO CHEGAN ÁS PARADAS

O BNG demostra que a xeolocalización dos buses “é posible” e, durante unha hora, crea un sistema de control

IMG_8503

Rubén Arroxo sinalou “fomos capaces, con 12 teléfonos móbiles de localizar e facer o seguimento de 12 liñas de bus o que demostra que é posible”

O BNG demostra que a xeolocalización dos buses “é posible” e, durante unha hora, crea un sistema de control

Lugo, 22 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, puxo hoxe en marcha un sistema de localización das liñas de buses da cidade “para demostrar que é posible poñer en marcha un sistema deste tipo a pesares de que o concello non foi capaz en dous anos”. Rubén Arroxo sinalou “fomos capaces, con 12 teléfonos móbiles de localizar e facer o seguimento de 12 liñas de bus o que demostra que é posible” e sinalou “dende a adxudicación do contrato os buses de Lugo deberían estar funcionando conectados a un SAE (Sistema de Axuda á Explotación) que servira para controlar os percorridos”.

Unha ducia de persoas achegadas ao BNG distribuíronse, durante unha hora, en doce liñas de buses con teléfonos móbiles conectados ao sistema artellado polo BNG. No local do BNG centralizouse, nunha pantalla, o sistema de seguimento no que se podía seguir perfectamente os percorridos dos buses pola cidade. Rubén Arroxo apuntou “se dende o BNG, con 12 teléfonos móbiles somos capaces de crear un sistema, á alcaldesa tería que caerlle a cara de vergoña decindo que o SAE non se pode poñer en marcha por dificultades técnicas”.

O concello e a empresa deberían ter implantado este sistema dende xuño de 2017. O sistema de xeolocalización  para crear unha APP que permita saber, en tempo real, a situación dos buses e cando chegan ás paradas.   O contrato adxudicouse en febreiro de 2016 e había un prazo, ata de xuño de 2017, para a posta en funcionamento do SAE pero a día de hoxe segue sen funcionar. Este Sistema de Axuda á Explotación permitiría ter un control exacto da ubicación de cada un dos buses, saber as distancias que percorre, crear unha APP para que as persoas usuarias coñezan os tempos e horarios dos buses en tempo real, e poderíanse poñer en funcionamento os paneis electrónicos informativos das paradas.

O BNG demostra que a xeolocalización dos buses “é posible” e, durante unha hora, crea un sistema de control