A CHARLA CELEBROUSE NO CENTRO SOCIAL UXIO NOVONEYRA

O BNG celebrou un acto sobre a Cultura da Violación en Lugo

IMG_8466

No encontro interviron a parlamentaria Olalla Rodil, a mestra Iria Fernández e presentou o acto Iria Buide como representante de Galiza Nova

O BNG celebrou un acto sobre a Cultura da Violación en Lugo

Lugo, 20 de febreiro de 2019. O BNG organizou unha charla sobre a Cultura da Violación dentro do ciclo de actos e encontros a redor do feminismo que ven programando en diferentes vilas e comarcas e en relación á celebración do 8 de marzo. No acto interviron a parlamentaria Olalla Rodil, a mestra Iria Fernández e presentou o encontro Iria Buide como representante de Galiza Nova.

Rodil explicou que "a cultura da violación componse de todas as actitudes e crenzas sociais que normalizan a violencia sexual (en todas as súas formas) contra as mulleres e nenas en todos os contextos". Rodil destacou o papel dalgúns medios de comunicación e da cultura popular neste eido "en algúns casos para xustificala ou desculpala". 

No encontro sinalaronse exemplos da xustificación social da violencia sexual contra as mulleres como parte desa chamada 'cultura da violación' e nomeouse o Blaming victim  ou culpabilización da vítima. Tamén se referiu Rodil "ao feito de trivializar as agresións sexuais e a imposición de roles de xénero patriarcais tamén no ámbito da sexualidade".

O número total de delitos contra a liberdade sexual rexistrados pola Policía continúa a aumentar en Galicia. No ano 2018 foron 540, o que supón un aumento do 17% con respecto ao ano anterior, cun incremento acumulado do 59% dende o ano 2013. Crecen tamén as agresións sexuais con penetración, 56 o pasado ano, no que supón a cifra máis elevada dende o ano 2011. Estes datos, publicados este xoves polo Ministerio do Interior <https://estadisticasdecriminalidad.ses.mir.es/dynPx/inebase/index.htm?type=pcaxis&path=/DatosBalanceAct/&file=pcaxis> .
 

O BNG celebrou un acto sobre a Cultura da Violación en Lugo