OLALLA RODIL: "ESIXIMOS Á XUNTA DE GALIZA QUE REABRA O CONSULTORIO DE DOIRAS NESTE MES DE AGOSTO COA ENFERMEIRA QUE TEN NESTE CONSULTORIO O SEU POSTO DE TRABALLO"
O BNG denuncia as mentiras que o PP lles contou á veciñanza de Doiras (Cervantes) ao non reabrir o consultorio no mes de agosto
Olalla Rodil: "Esiximos á Xunta de Galiza que reabra o consultorio de Doiras neste mes de agosto coa enfermeira que ten neste consultorio o seu posto de traballo"
Cervantes, 05 de agosto de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego acompañou á veciñanza de Doiras na concentración que se convocou o luns 5 de agosto diante do consultorio de Doiras para denunciar as mentiras do PP e que non reabra o consultoiro no mes de agosto.
Nesta concentración participaran xunto coa veciñanza de Doiras o responsabel local de Cervantes, Bernardo Vàldes, e a deputada no Parlamento Galego polo BNG, Olalla Rodil.
A veciñanza de Doiras deixou de manifesto o seu descontento polas mentiras que o PP contou cando dixo que se ía reabrir o consultorio no mes de agosto coa enfermeira. O Bng comparte a preocupación da veciñanza pola situación na que esta este consultorio tras quedar vacante a praza de médico e agora ver que non repoñen a de enfermeira "dende o BNG compartimos esa preocupación, e xunto coa veciñanza esiximoslle á Xunta de Galiza que reabra o consultorio de Doiras" pediu a deputada nacioanlista. "O PP enganou á veciñanza pois a realidade é que queren pechar este consultorio de forma definitiva", expuxo Olalla Rodil.
As veciñas e os veciños de Doiras deixaron claro que van seguir a pelexar para que se manteña este servizo en Doiras porque a sanidade é algo urxente e importante para manter poboación nesta zona da montaña lucense.
Dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza de reapertura deste consultorio xa, tal é como mantivo o PP a principios de xullo pois defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas, "seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar", concluíu Olalla Rodil.