O TENENTE ALCALDE ANUNCIOU QUE OS DATOS DE USUARIOS CONTINÚAN A BATIR OS REXISTROS DA ÁREA DE MOBILIDADE, SEGUINDO A TENDENCIA DE TODO O ANO, CON PRETO DE 25.000 USUARIOS MÁIS QUE EN XULLO DE 2023

Rubén Arroxo destaca o mes de xullo cun novo récord de viaxeiros no bus urbano, con 171.837 billetes


O Tenente Alcalde anunciou que os datos de usuarios continúan a batir os rexistros da área de Mobilidade, seguindo a tendencia de todo o ano, con preto de 25.000 usuarios máis que en xullo de 2023

Arroxo: "Os datos amosan unha tendencia moi clara, 2024 vai ser o ano con máis viaxeiros da historia"

Rubén Arroxo destaca o mes de xullo cun novo récord de viaxeiros no bus urbano, con 171.837 billetes



Lugo, 05 de agosto de 2024. O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que o mes de xullo de 2024 foi o mellor mes de xullo desde que a área de Mobilidade garda rexistros de datos dos usuarios do bus urbano. Arroxo afirmou que "maio bateu o récord con 171.837 billetes expedidos", e engadiu "a tendencia deste ano continúa a ser superar os rexistros, o que demostra que a reformulación das liñas de transporte urbano está a facer que máis persoas aposten por deixar o coche na casa e desprazarse por Lugo utilizando o bus".

O mes de xullo de 2024 pechou con 171.837 usuarios, sendo o mellor maio da historia, con preto de 25.000 usuarios máis que en xullo do ano 2023. Segundo explicou Rubén Arroxo, "neste momento do ano levamos o maior número de viaxeiros da historia no acumulado de todo o ano, o que demostra que, de seguir esta tendencia, 2024 será o mellor ano no transporte público de Lugo". Arroxo explicou que "os transbordos representan só un 3% dos billetes expedidos, os datos amosan un verdadeiro aumento no número de persoas que cada día deciden usar o bus urbano"

O bus urbano pasou pola maior transformación das últimas décadas, cunha renovación total do servizo aprobada por unanimidade de todos os grupos da corporación municipal, que permitiu mellorar as conexións da veciñanza coas distintas zonas da cidade.

Coas novas liñas, o HULA gañou conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo antigo non tiñan transporte directo. As transformación do modelo de bus urbano conectou de xeito directo o hospital coas zonas de Fingoi, Magoi, Sagrado Corazón, as Gándaras, Avenida das Américas, Fontiñas, Fonte dos Ranchos, a Abella e Garabolos, mellorando tamén as frecuencias coa zona centro. Os barrios aumentaron as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta a  30 minutos de frecuencia.

Nos polígonos do CEAO e das Gándaras aumentáronse tamén as conexións, quedando ambas áreas industriais co barrio de Fontiñas e o sur da cidade, cun total de seis liñas que entre os seus percorridos inclúen a unha das zonas industriais e dúas que pasan por ambas, unindo as áreas industriais de xeito directo con zonas como Fingoi, o Campus Universitario, Fontiñas, Magoi, Avenida das Américas e coa zona centro, pasando moitas destas liñas pola Ronda da Muralla.

"Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "coa Tarxeta Cidadá, o prezo do bus urbano redúcese ata nun 50%". O Tenente Alcalde anunciou que "máis de 30.000 persoas teñen xa a súa tarxeta cidadá e desfrutan de todas as vantaxes que supón este sistema".

Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64€ a 0.45€, no caso de non ter dereito a bonificacións, ou a só 0.31€ no caso de persoas pensionistas, desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida, con transbordos gratuítos en todas as situacións. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

 

Rubén Arroxo destaca o mes de xullo cun novo récord de viaxeiros no bus urbano, con 171.837 billetes