PARA O BNG “DENDE O 7 DE AGOSTO QUE SE DERRIBOU O MURO HOUBO TEMPO DE SOBRA PARA REMATAR UNHA OBRA APARENTEMENTE SINXELA”

O BNG denuncia “paralise” nas obras do muro da Av. da Coruña

IMG_6296

“Pasaron 20 anos para que o concello derrubase o tapón urbanístico e parece que van pasar outros tantos para rematar a obra” sinalou Arroxo

O BNG denuncia “paralise” nas obras do muro da Av. da Coruña

Lugo, 18 de setembro de 2018. O voceiro do BNG visitou a obra inacabada do muro da Av. da Coruña, reuniuse con veciñanza da zona e anunciou que reclamará ao goberno municipal o remate das obras de acondicionamento da beirarrúa. “A día de hoxe o espazo que teñen para transitar as persoas é o mesmo que cando estaba o muro pero con peor pavimento e con máis inseguridade” explicou Arroxo que engadiu “Pasaron 20 anos para que o concello derrubase o tapón urbanístico e parece que van pasar outros tantos para rematar a obra”.

Rubén Arroxo explicou que o goberno municipal contratou a obra de demolición do muro, cun prazo de execución de 2 meses, e por un importe de 24.942,94 €. O BNG preguntará sobre as medidas que o goberno municipal vai tomar para que a empresa execute a obra o antes posible. “Aínda que a empresa ten dous meses para a execución da obra o goberno municipal debería traballar para tratar de acurtar estes prazos, evitar as molestias á veciñanza e rematar dunha vez por todas esta obra, que parace que se vai levar máis tempo que a da Sagrada Familia” afirmou Arroxo.

O BNG denuncia “paralise” nas obras do muro da Av. da Coruña