O BNG DENUNCIA “PRÁCTICAS OSCURANTISTAS” NA CONVOCATORIA DE 20 PRAZAS NO CONCELLO DE FRIOL

Carlos Fernández - responsábel local do BNG de Friol
O BNG DENUNCIA “PRÁCTICAS OSCURANTISTAS” NA CONVOCATORIA DE 20 PRAZAS NO CONCELLO DE FRIOL

Os nacionalistas criticaron tamén “o feito de que se tardara tanto tempo en facer esta convoc

Carlos Fernández - responsábel local do BNG de Friol

atoria que semella pensada para comprar vontades de cara ás próximas eleccións municipais” 

O responsábel local BNG de Friol dixo que “estaremos atentos para que o proceso de selección sexa transparante e toda a xente poida optar ás prazas en condicións de igualdade”

Friol, 21 de outubro 2014.  O BNG denunciou publicamente a exsitencia de “prácticas oscurantistas” na convocatoria de 20 postos de traballo por parte do alcalde popular do concello de Friol. O responsabel local do BNG, Carlos Fernández, advertiu que “na convocatoria non hai temario definido para as dúas probas que se lles van facer ás persoas aspirantes” e engadiu que “a convocatoria fíxose unicamente a través do BOP e da web do concello sen achegar a información a todas as persoas que carecen de internet e que non teñen posibilidade de acceder a estes medios de difusión”. Dende o BNG sinalaron que “para outras convocatorias é habitual que o alcalde coloque bandos por todo o termo municipal”.

Os nacionalistas criticaron o momento de convocatoria destes postos de traballo xa que “é evidentemente unha convocatoria electoralista” aínda que matizaron que “é bon que o concello de Friol faga unha convocatoria pública de emprego no medio desta crise, que en boa parte foi provocada polo propio partido popular”. Os nacionalistas criticaron tamén “o feito de que se tardara tanto tempo en facer esta convocatoria que semella pensada para comprar vontades de cara ás próximas eleccións municipais”.

O responsábel local BNG de Friol dixo que “estaremos atentos para que o proceso de selección sexa transparante e toda a xente poida optar ás prazas en condicións de igualdade”. Os nacionalistas temen pola transparencia do proceso xa que, por exemplo, “na propia convocatoria publicada no BOP non están claras as bases para que as persoas interesadas poidan preparar un temario concreto para as dúas probas teoricas e prácticas das que constará o proceso”.

A convocatoria de emprego do concello de Friol foi publicada no BOP do 13 de outubro e ten por obxecto a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter temporal, vinte prazas de peóns de servizos, de apoio aos servizos de usos múltiples do Concello de Friol, para facer fronte a diversas necesidades municipais.

O BNG DENUNCIA “PRÁCTICAS OSCURANTISTAS” NA CONVOCATORIA DE 20 PRAZAS NO CONCELLO DE FRIOL