O BNG PÍDELLE AO CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS QUE RENUNCIE AO SEU SALARIO
Para o BNG Manuel Chaín estalle facendo perder cartos a Lugo pola súa desidia e desatención á fronte dunha das concelleiras máis importantes do goberno municipal
Os nacionalistas presentaron diversas preguntas, relaciónadas coa ponte sobre o río Mera, as obras de Fontiñas ou a Fonte de Lamas, para as que o concelleiro de infraestruturas non tivo respostas claras
Lugo, 28 de outubro 2014. O BNG presentou unha serie de preguntas na comisión de urbanismo, medio ambiente, zona rural e infraestruturas celebrada onte sobre obras que se van desenvolver ou se están a realizar no concello de Lugo. Paz Abraira criticou a actitude do concelleiro responsábel, Manuel Chaín, e dixo que non saimos do noso asombro co que está a acontecer co seguimento que o concelleiro de infraestuturas fai delas. Abraira advertiu que Estamos tirando cos cartos dos veciños e ao concelleiro de infraestruturas nin está, nin ninguén o espera para resolver ningún problema. A voceira nacionalista referiuse, en concreto, ás obras de Fontiñas, ás da ponte sobre o río Mera e ao alumeado público no lugar de Corras de Abaixo na parroquía de Pías.
Paz Abraira asegurou que case é mellor que renuncie á súa liberación no concello de Lugo e que lles aforre eses cartos aos lucenses xa que todas as súas respostas fan referencia aos técnicos se el asumir ningunha iniciativa nin responsabilidade. Para o BNG resulta incalificalble a desidia do concelleiro que ten nas súas máns unha das áreas máis importantes do concello. Un concelleiro que vai ser o responsábel de poñer en marcha todas esas hipotéticas obras, por moitos millóns de euros, que PP e PSOE aprobaron antes do verán pero que se está demostrando que vai ser imposible que se faga nada lembrou Paz Abraira.
Para o BNG alguén que ten unha dedicación exclusiva debe dedicarlle máis esforzo á resolución dos problemas e non ir a dar respostas baleiras de contido ás comisións. Paz Abraira pediulle a Manuel Chaín que deixe de facer o que non fai por que son cuestións transcendentes para o Concello de Lugo e denunciou a súa falta de rigor. Abraira responsabilizou ao alcalde e ao PSOE desta situación e dixo que esta actitude de desprezo por todo non é propia de alguén que está cobrando un salario da administración pública e que lles debe un mínimo de respecto aos veciños e veciñas de Lugo.
Obras de Fontiñas
En relación ás preguntas presentadas polo BNG sobre as obras en Fotiñas para saber se van dar solución ao grave problema que existente na zona coa rede de sumidoiros. Abraira apuntou que curiosamente a resposta do concelleiro é que a día de hoxe pensan que si, pero que non poden aseguralo. Ademais o concelleiro delegado de infraestruturas rematou a súa resposta dicindo que pensan que debe haber unha canalización perdida que é o que provoca os problemas pero non saben se a obras van resolver o problema ou non, aínda que están case seguros que ao 100% non. A pregunta estaba relacionada co sucedido durante a última tormenta na que a gran cantidade que non foi absorbida pola rede de sumidoiros provocou importantes danos e arrasou coa parte alta do parque dos paxariños. Abraira sinalou que a pesares do importante volume de cartos que se van gastar na ronda de Fontiñas o concelleiro de infraestruturas non amosou ningún interés por buscar a solución ao problema.
Máis información: http://bng.gal/lugocentro/2014/10/01/o-bng-reclama-que-as-obras-que-se-acometan-en-fontinas-solucionen-os-problemas-que-causa-a-chuvia/