O PP VOTOU CONTRA UNHA PROPOSTA DO BNG PARA MANTER O TEXTO ÍNTEGRO DA ILP SOBRE OS SERVIZOS DO HULA

O PP VOTOU CONTRA UNHA PROPOSTA DO BNG PARA MANTER O TEXTO ÍNTEGRO DA ILP SOBRE OS SERVIZOS DO HULA

CosmeO BNG presentou unha proposta de resolución para o debate de política xeral do Parlamento Galego na que se pide o respecto pola redación orixinal da ILP

 A ILP que pedía a implantación, no HULA,  dos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear foi avalada por 41.095 sinaturas e aprobada por unanimidade no Parlamento Galego

 LUGO, 12 de outubro de 2014. O PP votou en contra da Proposta de Resolución, presentada polo BNG, para ser tratada polo Pleno da Cámara na sesión adicada ao “Debate de Política Xeral”. Na proposta dos nacionalistas pedíase que se respecte a redación orixinal da Iniciativa Lexislativa Popular presentada no Parlamento Galego o 25 de marzo de 2014. Esta ILP contou co apoio unánime das forzas da cámara galega e foi avalada por 41.095 sinaturas. Cosme Pombo sinalou que “o BNG lamenta que o PP incumpla unha vez máis a promesa, feita por Feijoo en febreiro de 2011, de que nun prazo de 3 meses ían licitar estes servizos para o HULA”.

Os nacionalistas presentaron esta proposta de resolución no marco do debate sobre o estado da autonomía que estes días se celebra no Parlamento Galego. Segundo Cosme Pombo, “para o BNG é fundamental que a aprobación definitiva da mesma non conteña cambios substanciais que desvirtúen a petición fundamental de que o Hospital de Lugo sexa dotado cos servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear”. O BNG introduciu esta proposta xa que, segundo Pombo, “os galegos e galegas teñen que ser tratados con igualdade, no eido sanitario, independentemente do seu lugar de residencia”. Pombo criticou a actitude do PP que “incumplen máis unha vez os seus compromisos con Lugo”.

O PP VOTOU CONTRA UNHA PROPOSTA DO BNG PARA MANTER O TEXTO ÍNTEGRO DA ILP SOBRE OS SERVIZOS DO HULA