O BNG PIDE O ACONDICIONAMENTO DA FONTE DA PARROQUIA DE LAMAS

O BNG PIDE O ACONDICIONAMENTO DA FONTE DA PARROQUIA DE LAMAS

IMG_5696

“Xa foron varias as persoas que caeron no entorno da fonte por culpa dun pavimento esvaradizo” sinalou Paz Abraira

Ademais do arranxo das fontes como un elemento patrimonial os nacionalistas apelan á utilidade das mesmas para que poidan ser utilizadas por veciños e veciñas

Lugo, 8 de outubro 2014. O BNG presentou un rogo no concello de Lugo para que se proceda a darlle unha solución á fonte da parroquia de Lamas. Esta fonte foi recentemente rehabilitada polo concello de Lugo. Segundo informou Paz Abraira “a fonte está rodeada dun pavimento esvaradizo e foron varias as persoas que sufriron caidas no entorno da fonte ao tratar de acceder a ela”. Paz Abraira visitou a fonte acompañada dun grupo de veciños e veciñas para comprobar cal é o seu estado actual.

IMG_5694

Os nacionalistas pediron, a través do seu rogo, que técnicos do concello avalien as diferentes posibilidades para darlle solución a este problema e se proceda a facer os arranxos necesarios para evitar que o acceso á fonte se convirta nun perigo constante para as persoas que a ele acuden. Ademais do arranxo das fontes como un elemento patrimonial, para o BNG “é fundamental que se manteña a utilidade das mesmas para que poidan ser utilizadas por veciños e veciñas”.

O BNG PIDE O ACONDICIONAMENTO DA FONTE DA PARROQUIA DE LAMAS