O BNG MANTÉN QUE PSOE E PP TRATARON DE ENGANAR AOS LUCENSES CO PLAN PARADAI

O BNG MANTÉN QUE PSOE E PP TRATARON DE ENGANAR AOS LUCENSES CO PLAN PARADAI

Xuntanza do BNG con veciños e veciñas de Paradai

Paz Abraira dixo que “o BNG destapou este feito e no pleno do martes todos os grupos terán que tomar posición a este respecto” 

Para o BNG é fundamental sinalar que no texto da adenda aprobada pola xunta de goberno do concello non se faga referencia á continuidade do convenio

Lugo, 3 de outubro 2014. Paz Abraira remarcou hoxe que foi o BNG que destapou o feito de que o goberno municipal aceptara o remate do convenio subscrito coa Xunta sobre o Plan Paradai. Para os nacionalistas, neste momento, o Plan Paradai foi finiquitado por PP e PSOE. Abraira lembrou que no vindeiro pleno do martes 7 de outubro o BNG defenderá unha moción ante a corporación para que todos os grupos se posicionen.

A voceira do BNG dixo que o PSOE trata de confundir á cidadanía e que tentaron que ninguén se enterara do que supoñía para Lugo que o concello aceptara a proposta feita polo PP dende o goberno da Xunta. “Neste momento o Plan Paradi no existe” remarcou Paz Abraira que lembrou que na xunta de goberno local, celebrada o pasado mércores 17 de setembro, aprobouse a adenda nº3 asinada en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda “dase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai”.

A adenda nº3 di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a esa obra e cun custe máximo de 3.557.000 € que vai rematar na anualidade 2015 e que a vixencia do convenio é ata o remate das obras o 31 de 2015. “Temos o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015” explicou Paz Abraira. Coa aceptación desta proposta, feita pola Xunta de Galiza, por parte do goberno municipal de Lugo dos catro proxectos do Plan Paradai o único que se vai facer é o que xa está en construción de Ponte Paradai.

O BNG MANTÉN QUE PSOE E PP TRATARON DE ENGANAR AOS LUCENSES CO PLAN PARADAI