O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS E VECIÑAS SOBRE A PARALIZACIÓN DO PLAN PARADAI

Xuntanza do BNG con veciños e veciñas de Paradai
O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS E VECIÑAS SOBRE A PARALIZACIÓN DO PLAN PARADAI

IMG_5929As obras nesta zona quedarán reducidas ás que se están executando na actualidade e a zona que dará abandoada outra vez 

O BNG presentou iniciativas no Parlamento Galego para pedir exlicacións ao goberno da Xunta sobre esta paralización

Lugo, 30 de setembro 2014. O BNG convocou un acto público na inmediacións do parque do Sagrado Corazón para explicarlles aos veciños e veciñas da zona cal é o estado actual do convenio entre Xunta e Concello para a execución do Plan Paradai. Paz Abraira comunicou que o BNG xa presentou iniciativas no Parlamento Galego sobre este asunto. Ademais os nacionalistas tamén lles trasladaron información sobre esta paralización a representantes de colectivos veciñais lucenses.

A voceira do BNG informou que na xunta de goberno local, celebrada o pasado mércores 17 de setembro, aprobouse a adenda nº3 asinada en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda “dase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai”. Para o BNG “hai un acordo entre o PP, no goberno da Xunta, e o PSOE, no goberno municipal de Lugo, para non rematar o Plan Paradai”.

A adenda nº3 di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a esa obra e cun custe máximo de 3.557.000 € que vai rematar na anualidade 2015 e que a vixencia do convenio é ata o remate das obras o 31 de 2015. “Temos o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015” explicou Paz Abraira. Coa aceptación desta proposta, feita pola Xunta de Galiza, por parte do goberno municipal de Lugo dos catro proxectos do Plan Paradai o único que se vai facer é o que xa está en construción de Ponte Paradai.

 

IMG_5933

A obra que se está executando vai rematar a finais de 2014 polo tanto é obrigado asinar un novo convenio con dotación económica e con prazos concretos para rematar o que está pendente. “O alcalde terá que dar conta das razóns por que transixe co esta proposta da Xunta e terá que explicarlles aos veciños de Lugo por que transixe co abandono do Cuartel de San Fernando” sinalou Abraira. Ao acto acudiron diversos representantes de agrupacións veciñais.

O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS E VECIÑAS SOBRE A PARALIZACIÓN DO PLAN PARADAI