O PSOE NON FAI NADA PARA TRATAR DE PARALIZAR A IMPLANTACIÓN DA GASOLINERA DO CARREFOUR

O PSOE NON FAI NADA PARA TRATAR DE PARALIZAR A IMPLANTACIÓN DA GASOLINERA DO CARREFOUR

IMG_5851Para o BNG a aprobación en pleno dunha moción sobre o asunto da gasolineira de As Saamasas foi un paripé do PSOE que agora non está facendo absolutamente nada 

“Do resultado da comisión de urbanismo e medio ambiente celebrada hoxe concluese que o goberno municipal non fai nada a respecto da gasolineira de Carrefour nin da praia fluvial” sinalou Paz Abraira

Lugo, 29 de setembro 2014. Tras a celebración da comisión de urbanismo e medio ambiente celebrada hoxe a edil do BNG concluiu que “o PSOE non fai nada para tratar de paralizar a implantación da gasolineira do Carrefour”. O BNG trasladou a esta comisión diversas preguntas relacionadas coas xestións do goberno municipal sobre a implantación desta estación de serizo e tamén sobre as xestións relativas á zona pública de baño. Para o BNG as respostas do goberno municipal “son claras e diafánas, non fixeron absolutamente nada nin nunha cousa nin na outra”.

No Pleno municipal celebrado o pasado día 2 de xuño tomouse, por unanimidade, un acordo para que  o Goberno municipal establecera de inmediato os contactos necesarios coas administracións implicadas (Deputación provincial, Xunta de Galiza e Confederación Hidrográfica) para desbloquear a creación dunha zona pública de baño controlada en Lugo. Tamén no pleno do día 1 de setembro se aprobou unha moción, presentada polo BNG, para tratar de paralizar a implantación dunha gasolineira na área comercial de As Saamasas.

Paz Abraira criticou a “incapacidade do goberno socialista para resolver os problemas da cidade” e dixo que se “demostra que é mellor estar sen goberno que ter un goberno incapaz que esconde as orellas día si e día tamén”. Os nacionalistas preguntaron se o Goberno municipal iniciara as xestións necesarias para a creación dunha zona pública de baño controlada no río Miño ao seu paso por Lugo e tamén polas xestións relacionadas coa implantanción da gasolineira no centro comercial Carrefour. En ámbolos dous casos as respostas foron negativas.

O PSOE NON FAI NADA PARA TRATAR DE PARALIZAR A IMPLANTACIÓN DA GASOLINERA DO CARREFOUR