PARA O BNG “É CONSECUENCIA DO TOTAL ABANDONO EN QUE O GOBERNO MUNICIPAL DEIXOU A FÁBRICA DA LUZ E O SEU ENTORNO”
O BNG denuncia verquidos de augas fecais ao Miño no entorno da Fábrica da Luz
“Poden verse restos de verquidos que probablemente procedan da rede de sumidoiros e van directamente a o río” explicou Arroxo
Lugo, 24 de marzo de 2019. o voceiro do BNG, e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo denunciou hoxe a existencia de verquidos de augas residuais no entorno do Miño á altura da Fábrica da Luz. As augas residuais emanan de o terraplén que sustenta a estrada que vai cara o Pazo de Feiras e teñen unha cor verdosa e un cheiro a putrefacción. Ademais das propias augas residuais aparecen restos de elementos de hixiene intima e restos téxtiles.
Arroxo reclamou que o Concello se encargue de vixiar este tipo de avarías por que “poden ter consecuencias medioambientais lamentables”. “Xa denunciamos, fai moito tempo, o estado no que se atopa este zona” dixo Arroxo e engadiu “hai unha ponte totalmente destrozada sobre a canle que leva a auga a fábrica da luz que é un autentico perigo, a pesar de que existe un valado, hai moitas veces que queda aberto”.