“A REDE DE SUMIDOIROS TEN IMPORTANTES DESPERFECTOS, HAI VERQUIDOS DE AUGAS FECAIS E CHEIROS NO BARRIO” INFORMOU MAITE FERREIRO

O BNG denuncia verquidos de augas fecais en Castelo

IMG_7821

A veciñanza leva tempo demandando o arranxo e consolidación da rede de sumidoiros da zona pero o concello non fixo nada ate o de agora

O BNG denuncia verquidos de augas fecais en Castelo

Lugo, 6 de xaneiro de 2019. A edil no concello de Lugo, Maite Ferreiro, denunciou a existencia de verquidos de augas fecais no barrio de Castelo. O deterioro da rede de sumidoiros e a falta de mantemento por parte do Concello provocou roturas que permiten a saída de cheiros e augas fecais ao camiño. O BNG trasladará unha petición ao goberno local para que “actúe de inmediato” na zona e solucione estes problemas.

A veciñanza leva tempo demandando o arranxo e consolidación da rede de sumidoiros da zona pero o concello non fixo nada ate o de agora. Ferreiro sinalou que “neste lugar xa houbo problemas cando se fixo o asfaltado dalgunhas pistas pola falta de atención á execución das obras e o BNG tamén o denuncio no seu momento”. Para o BNG “é necesario que o concello atenda as demandas da veciñanza por que son as persoas que viven nos barrios quen mellor coñece as necesidades de actuación para manter as infraestruturas”.

O BNG denuncia verquidos de augas fecais en Castelo