PILAR BELLÓN: " A VECIÑANZA ESTÁ FARTA DE SUFRIR AS INCOMODIDADES QUE SUPÓN TRANSITAR POR ESTAS VÍAS, ASÍ COMO OS DANOS QUE SE PRODUCEN NOS VEHÍCULOS COMO CONSECUENCIA DAS FOCHANCAS"
O BNG do Corgo esixe á deputación a reparación das estradas provinciais o seu paso por Adai, Quinte ou Monte de Cerceda
Pilar Bellón: " A veciñanza está farta de sufrir as incomodidades que supón transitar por estas vías, así como os danos que se producen nos vehículos como consecuencia das fochancas"
O Corgo, 05 de marzo de 2024. O BNG do Corgo comproba como cada día que pasa, a maioría das estradas que dependen da Deputación están máis deterioradas e resultan máis incómodas e perigosas para os seus usuarios. O Bng do Corgo vén facendo un seguimento moi detallado do estado das estradas no concello falando coa veciñanza para dar visibilidade ao malestar dos mesmos. A portavoz nacionalista, Pilar Bellón, destaca que " a veciñanza de Adai, Quinte, Monte de Cerceda ou Cruce de Maceda con Lousada seguennos manifestando o seu malestar polo estado destas estradas LU-P-1602, LU-P-1608 ou LU-P-1611". Engade: "en concreto a asociación de veciños de Adai que levan máis de un ano reclamando o arranxo á deputación e non reciben resposta"
O concelleira nacionalista explica: "a veciñanza desta parroquia expresa o seu malestar pola situación da vía, máis aínda tendo en conta que tódolos 13 de mes se celebra a feira mensual e esta é a vía para acceder a dita feira, os veciños están cansos de sufrir as incomodidades e os danos nos vehículos por culpa das moitas e grandes fochancas que ten esta calzada.
Os nacionalistas consideran que "a solución pasa por renovar o firme, con urxencia, porque esta estrada leva moitos anos sen arranxar así como facer unha limpeza das cunetas ". E así o faremos saber nunha moción que levaremos a pleno para implicar ao Sr. Alcalde na esixencia da reparación destas vías.