PARA O BNG É NECESARIO ACOMETER A RESTAURACIÓN DO PAZO DE DONA URRACA E POÑER EN VALOR OS FORNOS E RESTOS ARQUEOLÓXICOS QUE SE ATOPAN NA ZONA

O BNG emendará os orzamentos da Xunta e reclamará 2 millóns de euros para a Tinería

IMG_1501

Olalla Rodil sinalou que “o PP debería preocuparse de rehabilitar e rehabitar o barrio e non de dilapidar o patrimonio público que posúe a Xunta no barrio”

O BNG emendará os orzamentos da Xunta e reclamará 2 millóns de euros para a Tinería

Lugo, 14 de novembro de 2017. O BNG, presentará no Parlamento Galego unha emenda aos orzamentos da Xunta para reclamar 2 millóns de euros para o ano 2018 e que se continúe o proceso rehabilitación e rehabitación. A parlamentaria do BNG pronunciouse contra a intención do PP de poñer á venda os inmobles que a Xunta posúe no barrio da Tinería e sinalou “o PP debería preocuparse de rehabilitar e rehabitar o barrio e non de dilapidar o patrimonio público que posúe a Xunta no barrio”. Rodil lembrou que todo o traballo de rehabilitación feito no barrio da Tinería foi acometido cando o BNG tivo responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza e fixo fincapé “dende que Feijoo chegou ao goberno da Xunta non se fixo na da neste barrio e o único que vai facer o PP e promover un pelotazo urbanístico vendendo a baixo prezo uns inmobles que foron adquiridos e rehabilitados con fondos públicos”.

 

Para o BNG é necesario acometer a restauración do Pazo de Dona Urraca e poñer en valor os fornos e restos arqueolóxicos que se atopan na zona para continuar avanzando na recuperación do barrio como polo de atracción turística da cidade. Olalla Rodil dixo que “o BNG traballará para rematar o Plan empezado de rehabilitación do barrio da Tinería, para darlle vida aos edificios públicos da propia Xunta neste barrio, a rematar o Pazo de Doña Urraca” e engadiu “é estratéxico para Lugo a posta en valor do noso patrimonio, que o é tamén de toda a Humanidade”

Premio Dubai de Boas Prácticas das Nacións Unidas

Asemade, Rodil, lamentou que a importante inversión feita neste ambicioso Plan, que ascendeu a mais de 30 millóns, estea desde o ano 2009 paralizada, e que fora merecente do Premio Dubai de Boas Prácticas outorgado polas Nacións Unidas. “A  Xunta de Galiza ten que comprometerse coa promoción económica, social e turística deste barrio da cidade, un barrio histórico, que leva anos agardando por un compromiso firme da Xunta” dixo Olalla Rodil.

O citado premio valoraba a recuperación do patrimonio por unha iniciativa pública, a rehabilitación e rehabitación dun barrio á carón da Muralla de Lugo, porque posibilitaba a recuperación da actividade comercial e social do barrio, a creación de emprego así como o uso dos baixos, propiedade pública, para o emprendemento e mesmo usos institucionais, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da zona.

O BNG emendará os orzamentos da Xunta e reclamará 2 millóns de euros para a Tinería