EN OUTUBRO DO ANO 2006 COLOCARASE UNHA OBRA CONMEMORATIVA DO ESCULTOR URZA NA PRAZA DE PÍO XII COINCIDINDO COS 90 ANOS DA CHEGADA A LUGO DO ESCRITOR
O BNG-AA pide a reposición da placa a García Lorca cando se cumpren 85 anos dunha das súas visitas a Lugo
Arroxo lembrou que o BNG xa solicitou esta reposición no ano 2016 pero “parece que o goberno aínda non tivo tempo de colocar a placa”
Lugo, 13 de novembro 2017. Cando se cumpren 85 anos dunha das visitas de Federico García Lorca a Lugo, a edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, pediu a reposición da placa que conmemorativa que fora instalada na praza de Pío XII en Lugo en outubro do ano 2006. Foi o 28 de outubro de 1916, cando Federico García Lorca tiña 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con outros catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha "excursión de arte" por diversas vilas e cidades.
Novamente en novembro de 1932 García Lorca visitou Lugo para impartir unha conferencia no Comité de Cooperación Intelectual. “Entendemos que sería unha boa maneira de celebrar as visitas de García Lorca a Lugo, restituíndo a placa de homenaxe que lembraba as visitas á cidade de Lugo” dixo Maite Ferreiro.
A colocación, en Lugo, da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galicia e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta granadino á cidade de Lugo para celebrar unha serie de actos e instalar a placa na praza de Pío XII. Maite Ferreiro lembrou que foi o escritor Paco Martín quen fixo de condutor do acto no que quedou ó descuberto a obra do escultor Urza.
En relación á primeira das visitas a Lugo e segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, en novembro de 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada.