O VOCEIRO DO BNG DESTACOU A IMPORTANCIA DE QUE A XUNTA MANTEÑA O SEU PATRIMONIO INMOBILIARIO E O XESTIONE DE XEITO QUE CONTRIBÚA A REVITALIZAR O BARRIO

O BNG pide orzamentos e accións concretas para rehabilitar e rehabitar o barrio da Tinería

IMG_1518

 “Precísanse fondos da Xunta para rematar a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e os restos dos fornos que existen na Tinería” dixo Rubén Arroxo

O BNG pide orzamentos e accións concretas para rehabilitar e rehabitar o barrio da Tinería

Lugo, 13 de novembro de 2017. O voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Arroxo, participou hoxe na Mesa sobre a Tinería convocada hoxe para abordar as diferentes problemáticas que afectan ao barrio. A respecto da proposta do Delegado da Xunta en Lugo de poñer á venta os inmobles que neste momento son propiedade da Xunta, Rubén Arroxo lembrou o posicionamento do BNG e dixo “entendemos que hai que conservar o patrimonio público na Tinería por que esto dará a posibilidade de xestionalo de xeito que contribúa a revitalizar o barrio”.

Para o BNG, segundo afirmou Arroxo despois da celebración da mesa de traballo convocada por colectivos veciñais e empresariais do barrio “estamos ante a posibilidade de abrir un proceso que pode servir para crear un proxecto de barrio de consenso e útil para o futuro de Lugo”. Arroxo sinalou a importancia de “que a Xunta destine fondos para investir no Pazo de Dona Urraca e nos restos arqueolóxicos dos fornos” e engadiu “a Xunta continúa despois de 9 anos do goberno Feijoo sen aportar nada”. Arroxo reclamou orzamentos e accións concretas en vez de divagar e teorizar sen resolver ningún dos problemas reais do barrio.

O BNG pide orzamentos e accións concretas para rehabilitar e rehabitar o barrio da Tinería