O BNG ESIXIRÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA PAGUE AS DÉBEDAS COMEDORES ESCOLARES

O BNG ESIXIRÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA PAGUE AS DÉBEDAS COMEDORES ESCOLARES

IMG_6325Cosme Pombo advertiu que “colexíos como o de Castro Ribeiras de Lea poderían pechar os seus comedores antes do remate deste curso”

Para o parlamentario do BNG “este é o estreno do novo conselleiro de educación e cultura que vai deixar sen comer a nenos e nenas por non atender as súas obrigas"

Lugo, 11 de marzo 2015. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, presentará no parlamento galego unha iniciativa para reclamarlle ao goberno da Xunta que “efectivice inmediatamente o pago das súas obrigas cos centros escolares para que non se poña en perigo o funcionamento dos comedores escolares”. Cosme Pombo advertiu que “colexíos como o de Castro Ribeiras de Lea poderían pechar os seus comedores antes do remate deste curso”. Nais e pais do colexio Veleiro do Campo de Castro Ribeiras de Lea trasladáronlle ao BNG a súa inquedanza tras recibir a circular da dirección do centro na que se alertaba sobre os impagos da consellería no relativo aos gastos do comedor escolar

A dirección do colexio público Veleiro do Campo remitiu, con data de onte, unha circular ás nais e pais do alumando que fai uso do servizo de comedor na que se alertaba sobre a situación económica derivada dos impagos por parte da Xunta de Galiza. Dende o centro educativo de Castro Ribeiras de Lea sinalábase que “de non recibirse as cantidades asignadas, por parte da Consellería de Educación, nos vindeiros días no se podería seguir mantendo o normal funcionamento do comedor escolar”.

Para Pombo “trátase doutra plasmación máis das políticas do partido popular en materia educativa e a falta de preocupación polos concellos rurais destes gobernantes da Xunta”. Para o parlamentario do BNG “este é o estreno do novo conselleiro de educación e cultura que vai deixar sen comer a nenos e nenas por non atender as súas obrigas”.

Esta actuación do goberno do PP na Xunta de Galiza evidencia a súa despreocupación polo ensino público, provocando o seu deterioro polos sucesivos recortes dos últimos anos: recortes no número de profesores e profesoras; recortes nos orzamentos dos centros; recortes nas axudas para libros, nas axudas para bibliotecas, atrasos nas transferencias económicas para comedores escolares, recorte no servizo de comedores, empeoramento das condicións socio-laborais do profesorado, recortes nos servizos de normalización lingüística e unha longa cadea de despropósitos que deterioran un servizo público básico da sociedade.

”Pola contra, todos estes recortes no ensino público contrastan cos 240 millóns de subvención ao ensino concertado, cos 3 millóns de euros de subvención para centros que segregan ao alumnado por razón de xénero e que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal” afirmou Cosme Pombo.

O BNG ESIXIRÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA PAGUE AS DÉBEDAS COMEDORES ESCOLARES