O BNG NON ASISTIRÁ Á RECEPCIÓN DO DELEGADO DO GOBERNO POR SER O EXECUTOR DA LEI MORDAZA EN GALIZA
O novo Delegado do Goberno en Galiza, nomeado polo PP, será o responsable máximo desa lei morzada que reprime e sanciona ás persoas que se expresan contra inxustizas como os desafiuzamentos ou a estafa das preferentes dixo Paz Abraira
Abraia lembrou que son moitas as persoas que foron sancionados por participar en diversas mobilizacións por expresar os seus posicionamentos en diferentes asuntos
Lugo, 2 de marzo 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo anunciou que non haberá representación dos nacionalistas na recepción que o concello de Lugo ten prevista para mañá ao novo subdelegado do goberno en Galiza. Abraira cuestionou a actitude do goberno municipal que un día impulsa unha iniciativa para nomear persoa non grata a unha conselleira e ao día seguinte recibe, con todos os honores, a un representante do goberno que está a atacar os dereitos da xente coas súas políticas.
Abraira dixo, en referencia á figura do novo Delegado do Goberno en Galiza, que el será o executor en Galiza desa lei morzada que reprime e sanciona ás persoas que se expresan contra inxustizas como os desafiuzamentos ou a estafa das preferentes. Para o BNG trátase do máximo representante da lei morzada que impide mobilizacións e que sanciona ás persoas máis activas que participan en actos contra desafiuzamentos ou contra a estafa das preferentes.
Abraira dixo que en Galiza están sancionadas, por aplicación desta lei, un bo número de persoas que se expresaron contra os roubos e os expolios que estamos a sufrir un día si e outro tamén. A voceira do BNG lembrou que cinco cargos do BNG sufriron a represión, pola vía sancionadora, con multas elevadas polo feito de participar en mobilizacións pacíficas.