XOSÉ LUIS GONZÁLEZ SOUTO (PEREIRA) ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG-ASAMBLEAS ABERTAS EN GUITIRIZ

XOSÉ LUIS GONZÁLEZ SOUTO (PEREIRA) ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG-ASAMBLEAS ABERTAS EN GUITIRIZ

IMG_7362Souto dixo que “única alternativa clara para gobernar para todos os veciños fronte á vella política que representan os partidos que nos derredeiros anos estiveron á fronte do Concello"

Por segunda vez, González Souto, encabezará a lista dos nacionalistas en Guitiriz acompañado “dun equipo capacitado para gobernar o concello con solvencia”

Guitiriz, 25 de febreiro 2015. Xosé Luis González Souto, coñecido como Pereira, será o cabeza de lista do BNG á alcaldía do concello de Guitiriz nas vindeiras eleccións municipais. Xosé Ferreiro, é militante do BNG e forma parte da executiva comarcal. González Souto, que é voceiro do BNG no actual mandato ten o convencemento de “mellorar os resultados de hai catro anos” e engadiu “formamos un grupo de traballo capacitado para amosarnos diante os veciños de Guitiriz como a única alternativa clara para gobernar para todos os veciños fronte á vella política que representan os partidos que nos derredeiros anos estiveron á fronte do Concello”.

Xosé Lois González Souto anunciou que o programa do BNG xirará entorno “á democratización e transparencia no Concello” ademais, os nacionalistas buscarán “axilizar os servizos sociais para acadar a mxima eficacia”. Outro dos proxectos do BNG é “a dinamización do polígono industrial para fomentar o emprego e evitar que a mocidade siga marchando de Guitiriz e da súa contorna”. Para os nacionalistas tamén compre desenvolver o Plan Xeral de Ordenación Municipal que está na fase de aprobación provisional e que este goberno non foi capaz de tramitar.

Ademais, engadiu Souto, “desbloquearemos o proceso co que PSOE e PP teñen paralizado a construción dunha residencia para maiores na Casa da Botica e garantir uns servizos sociais que diminúan a larga lista de espera que temos no concello”. O BNG tamén apostará pola mellora do saneamento no rural e no casco urbano de Guitiriz e polo acondicionamento de espazos de lecer nos terreos municipais que están semi-abandoados.

Para o candidato do BNG “o actual goberno municipal unicamente propiciou o máximo nivel de enfrontamento cos veciños e veciñas de Guitiriz e coas institucións chegando incluso a propiciar unha ruptura na equipa do goberno”. “Non foron capaces de levar a cabo ningunha iniciativa que mellorara o noso concello nestes catro anos e puxo atranco tras atranco ás iniciativas do BNG” concluiu Souto. González Souto quixo agradecer a implicación e traballo de toda a xente que “nestes anos contribui a que o proxecto do BNG fose posible en Guitiriz a pesares das dificultades”.

XOSÉ LUIS GONZÁLEZ SOUTO (PEREIRA) ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG-ASAMBLEAS ABERTAS EN GUITIRIZ