O BNG en Guitiriz leva á rúa o decálogo de medidas contra a suba dos prezos

A fronte nacionalista realizou un reparto informativo da campaña Contra a suba de prezos. Fagámonos valer!  na feira de Parga

 O concelleiro do BNG, Xosé Lois González “Pereira” anunciou “o 3 de abril mobilizámonos para esixir medidas para frear esta situación insoportábel”

O BNG en Guitiriz leva á rúa o decálogo de medidas contra a suba dos prezos

Guitiriz, 27 de marzo de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz organizou un reparto informativo da campaña Contra a suba de prezos. Fagámonos valer!  na feira de Parga, na que se presentou o decálogo de medidas urxentes da formación nacionalista ante o brutal incremento dos prezos.

Algunha das medidas urxentes do decálogo do BNG son, por exemplo, a baixada do IVE dos bens e servizos básicos, como alimentos, hixiene ou transporte público. A intervención do sector eléctrico, para controlar os prezos, ou tamén, a protección do sector agro-gandeiro.

“Esta campaña vén denunciar a suba desproporcionada de prezos e a perda de poder adquisitivo das clases populares deste País, polas que o BNG impulsou un decálogo de medidas urxentes para paliar esta situación” declarou o concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González “Pereira”

Así, o concelleiro anunciou “o 3 de abril mobilizámonos en Compostela para frear esta situación insoportábel, non podemos consentir a parálise da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado”

Neste senso, Pereira sinalou “facemos un chamamento á veciñanza de Guitiriz a participar nesta mobilización do BNG, hai alternativas para deter o empobrecemento da sociedade galega”

A manifestación nacional convocada polo BNG no 3 de abril en Compostela, sairá ás 12 horas desde a Praza 8 de Marzo-Porta do Camiño.

O BNG en Guitiriz leva á rúa o decálogo de medidas contra a suba dos prezos