A CANDIDATA DO BNG AFIRMOU QUE “QUEREMOS FACER HISTORIA CON ANA PONTÓN COMO PRIMEIRA PRESIDENTA DA XUNTA DE GALIZA”

“Desde o BNG imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 11 anos de esquecemento por parte do PP”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil presentou o cartel de campaña acompañada de militantes e simpatizantes do BNG na comarca

“Desde o BNG imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 11 anos de esquecemento por parte do PP”, afirmou Olalla Rodil

Lugo, 25 de xuño 2020. O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 14 de abril. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que “nesta campaña queremos facer chegar a todos os concellos de Lugo o modelo do BNG, un modelo que xa se demostrou funcional nas cidades e vilas nas que gobernamos, e que agora imos aplicar na Xunta de Galiza”.

 

“Lugo é un exemplo de como as políticas do BNG melloran e transforman as cidades”, declarou Olalla Rodil. A candidata do BNG declarou que “as accións que está a realizar o BNG no goberno da cidade serán un dos piares da Axenda Urbana Galega do BNG”. Olalla Rodil explicou que “o calmado e a redución do tráfico é unha das medidas que o BNG está a implantar na cidade de Lugo e que son esenciais para a Axenda Urbana Galega”.

 

“Desde o BNG imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 11 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “precisamos recuperar os servizos públicos nos que o goberno do PP recortou nestes 11 anos, especialmente nas zonas rurais con servizos como a sanidade ou a educación, necesarios para conseguir que a poboación vexa o rural como un lugar onde asentarse e aproveitar así o seu gran potencial como motor do desenvolvemento económico de Galiza”. “Neste campaña queremos facer historia convertendo a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza o vindeiro 12 de xullo”, sentenciou Olalla Rodil. 

“Desde o BNG imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 11 anos de esquecemento por parte do PP”, afirmou Olalla Rodil