O BNG impulsa nunha moción a mellora das condicións laborais do Servizo de Axuda no Fogar

A concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro

A concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro “o SAF é un servizo esencial que permite mellorar a calidade de vida de moitas persoas”

O Bloque defende que se cumpra o convenio colectivo deste colectivo e se garanta o incremento salarial dun 6,5%

O BNG impulsa nunha moción a mellora das condicións laborais do Servizo de Axuda no Fogar

Castroverde, 13 de xullo 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde presenta unha moción para o vindeiro pleno no que se solicita o cumprimento das condicións de traballo das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A moción demanda a instar á Xunta de Galiza como ao goberno municipal a mellorar as condicións contractuais e velar polo cumprimento do convenio colectivo do SAF. Neste último caso, demándase aboar ás traballadoras e traballadores un incremento salarial do 6,5%, dereito recollido neste acordo laboral.

Iria Castro, concelleirado BNG en Castroverde, declarou “as traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola súa profesionalización e contra os abusos das empresas concesionarias”

Neste senso, a concelleira destacou “é de dereito recoñecer e facer efectivos os convenios e avanzar na mellora das condicións laborais, o SAF é un servizo esencial que permite mellorar a calidade de vida de moitas persoas”.

 

Área de autocaravanas

Dentro das propostas do BNG para este vindeiro pleno, propón a creación dunha área de autocaravanas para fomentar o turismo no concello “é unha forma de facer de turismo que esta á alza e Castroverde pode ser un enclave perfecto, grazas aos seus recursos paisaxísticos e naturais e a proximidade coa cidade de Lugo” sinalou Iria Castro.

O BNG impulsa nunha moción a mellora das condicións laborais do Servizo de Axuda no Fogar