O BNG impulsa no Parlamento galego a construción do centro de día en Vilalba
Esta iniciativa será impulsada a través das emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2023
Olalla Rodil, deputada do BNG “é vital contar con servizos públicos para garantir unha vellez digna e facer posíbel a conciliación familiar, xerando máis benestar”
Vilalba, 30 de novembro 2022.- O Bloque Nacionalista Galego promove a través dunha iniciativa no Parlamento galego a creación dun centro de día público na localidade chairega. Esta proposta impulsarase a través das emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2023.
A iniciativa do BNG demanda ao Goberno galego a que se comprometa e destine partidas orzamentarias para a construción do centro de día, coa dotación de recursos precisos, tanto materiais como humanos.
Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, explicou “Vilalba leva máis de 20 anos de espera, con continuos anuncios mais sen ningunha actuación da Xunta para a súa posta en marcha de verdade” e subliñou “desde o BNG levaremos a construción ao debate destes orzamentos para que se poña en marcha canto antes, é unha débeda histórica con Vilalba e tamén coa comarca da Terra Chá”
Rodil destacou que Vilalba como cabeceira de comarca, con máis de 14000 habitantes e cunha poboación maior que supón o 30% “é vital contar con servizos públicos para garantir unha vellez digna e facer posíbel a conciliación familiar, xerando máis benestar”
Neste senso, a deputada fixo fincapé “a veciñanza leva demasiado tempo e nin o PP nin o PSOE dan cumprido as súas promesas para establecer este servizo público, mais o BNG seguirá a traballar para a creación deste servizo crucial; agardamos que o PP á fronte da Xunta non vote en contra desta proposta”