O BNG impulsa a urbanización e a mellora na seguridade na N-VI ao seu paso polo Corgo
Esta iniciativa promoverase a través das emendas dos orzamentos do Estado para o ano 2023 da man de Néstor Rego
Pilar Bellón ,concelleira do BNG no Corgo “defendemos que é vital que a veciñanza conte cun entorno seguro no que poida desprazarse sen problemas”
O Corgo, 10 de novembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego no Corgo impulsa a urbanización e a mellora da seguridade na N-VI. Esta iniciativa fomentarase a través das emendas aos orzamentos do Estado da man do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
Nesta iniciativa proponse a colocación de beirarrúas, pasos de peóns elevados, a instalación de semáforos ou a construción dunha rotonda na altura do quilómetro 487 (entre o centro de saúde e a igrexa) como solución para eliminar o cruze conflictivo que existe agora, tanto para peóns como para vehículos.
Pilar Bellón, concelleira do BNG no Corgo, destacou a necesidade deste proxecto ”desde o BNG defendemos que é vital que a veciñanza conte cun entorno seguro no que poida desprazarse sen problemas, onde ir ao médico ou arranxar un trámite non poña en risco a vida das persoas, xa que agora carecemos en moitos puntos de beirarrúas e medidas de seguridade para movernos”
Neste sentido, a concelleira do BNG fixo fincapé “é preciso consignar xa unha dotación orzamentaria para esta actuación, por isto, o noso compañeiro Néstor Rego achegará esta demanda a través das emendas que o BNG presentará aos orzamentos do Estado”