O BNG inicia unha campaña de recollida sinaturas para frear a supresión de paradas de autobús

O novo plan de mobilidade do MITMA suprime as paradas en Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil “é inadmisible que se pretenda quitar o pouco que hai no interior do País”

O BNG inicia unha campaña de recollida sinaturas para frear a supresión de paradas de autobús

Lugo, 19 de xullo de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego pon en marcha en Palas de Rei unha campaña de recollida de sinaturas ante o novo plan de mobilidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

 

Este proxecto contempla a supresión de paradas de autobús como recortes nos servizos ferroviarios nun cento de localidades do Paíspolo que a organización esixe a a modificación deste plan.

 

No caso de Lugo, suprimiranse as paradas de autobús nas localidades de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso.

 

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil, declarou “é inadmisible que se pretenda quitar o pouco que hai no interior do País, por isto desde o BNG esiximos o mantemento do servizo e instamos a mellorar as frecuencias e liñas” ao que subliñou “temos dereito a vivir, traballar e a movernos no interior do País cun transporte do século XXI que atenda ás necesidades da veciñanza”

 

O BNG instalará mesas de información como de recollida de sinaturas nas localidades afectadas “animamos a todas as persoas a que asinen nas mesas que imos a colocar para para defender un transporte de calidade” suscitou Rodil.

O BNG inicia unha campaña de recollida sinaturas para frear a supresión de paradas de autobús