O BNG en Vilalba convida a participar nos actos do Día da Patria Galega

Gañarmos o futuro, a nova Galiza en marcha é o lema do BNG para este 25X

Mónica García, responsábel local do BNG “animamos a celebrar con orgullo o día da nosa nación na gran manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela ”


 

O BNG en Vilalba convida a participar nos actos do Día da Patria Galega

Vilalba, 19 de xullo de 2022.- A responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Vilalba, Mónica García, presentou o cartaz do Día da Patria da organización, que este ano leva por título Gañarmos o futuro, a nova Galiza en marcha.

Mónica García convida á veciñanza de Vilalba a participar na gran manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela, a que partirá ás 12 horas desde a Alameda “animamos a celebrar con orgullo o día da nosa nación, mais tamén a todas as persoas que queren unha saída xusta, social e galega”declarou a responsábel local.

Este 25 de Xullo queremos transmitir que o cambio político está en marcha co BNG, temos a necesidade de pór en marcha unha nova Galiza para gañarmos o futuro, cunha Galiza máis igualitaria, forte e próspera” destacou Mónica García.

O BNG en Vilalba convida a participar nos actos do Día da Patria Galega