"TRASLADAREMOS AO PARLAMENTO GALEGO A ENORME PREOCUPACIÓN QUE HAI ENTRE A VECIÑANZA POLA SITUACIÓN NA QUE VAI QUEDAR O CONSULTORIO DE DOIRAS"

O BNG levara unha pregunta ao Parlamento Galego sobre a situación na que quedará o centro saúde de Doiras (Cervantes) durante os meses de xullo, agosto e despois do verán

"Trasladaremos ao Parlamento Galego a enorme preocupación que hai entre a veciñanza pola situación na que vai quedar o consultorio de Doiras"

 

O BNG levara unha pregunta ao Parlamento Galego sobre a situación na que quedará o centro saúde de Doiras (Cervantes) durante os meses de xullo, agosto e despois do verán

Cervantes, 24 de xuño 2024. A deputada do BNG, Olalla Rodil levará ao Parlamento Galego a situación do centro de saúde de Doiras (Cervantes) e preguntaralle ao Goberno do PP pola cobertura sanitaria e a planificación sanitaria durante o verán no concello de Cervantes, así como sobre os plans que ten o PP para este consultorio despois do verán.  

Despois dunha xuntanza coa veciñanza dende o BNG comprobamos a enorme preocupación que existe polo peche do consultorio de Doiras durante o verán. Tamén pola falta de información por parte da Xunta sobre as súas intención. Este consultorio presta servizo médico a 238 veciñas e veciños desa parte do concello que no caso de peche teñen que desprazarse máis de 20Km ao centro de saúde de San Román, sen que exista un servizo público de transporte. Unha distancia que en tempo se multiplica por razón orográficas. Un desprazamento que para unha poboación envellecida lles causa múltiples inconvenientes. "non pode ser que dende o PP cada vez se nos faga máis difícil vivir no rural" relatou Rodil

"Estamos fartas que traten á poboación como meros números e teñamos que escoitar a representantes do PP dicir que o peche ven dado pola baixa asistencia médica a este consultorio" afirmou a deputada nacionalista.

As veciñas e os veciños de Doiras seguen dispostas a que no caso de que a Xunta non se comprometa a manter o servizo médico en Doiras convocar mobilizacións

Dende o BNG demandamos o compromiso da Xunta coa veciñanza de que non se vai pechar este consultorio. Defendemos a sanidade pública en todo o país, mais especialmente en zonas como a da montaña lucense, unha zona xeograficamente moi extensa e na que os desprazamentos pola vías de comunicación existentes consumen moito tempo. Nestas comarcas os recortes do goberno do PP están causando unha importante merma na calidade que é necesario frear e reverter.

O BNG levara unha pregunta ao Parlamento Galego sobre a situación na que quedará o centro saúde de Doiras (Cervantes) durante os meses de xullo, agosto e despois do verán